Skip to Content

Escolares

Entroido Mariñeiro!

A última semana de febreiro celebramos no colexio o noso "Entroido mariñeiro". Primeiro, Larapeto dounos unhas pistas para pescudar o personaxe misterioso. Para conseguir pistas debiamos vir cada día da semana segundo as súas indicacións: o luns con algo nos pés, o martes unha prenda do revés... Así ao remate da semana averiguamos o personaxe: o peliquiero de Laza. O noso Larapetiño tamén se disfrazou de peliqueiro: que guapiño estaba!!! Nós tamén nos disfrazamos: os de Infantil de animais do mar (estrelas, peixes, polbiños, cangrexos, cabaliños de mar...), 1º e 2º de Primaria de Buzos, 3º e 4º de Piratas e 5º e 6º de mariñeiros. Todos xuntos fixemos un desfile dende as aulas ata o pavillón, onde nos esparaban as familias para desfrutar todos xuntos dos nosos bailes de Entroido. Ao rematar, regresamos ao cole para degustar as delicias culinarias que preparan as familias (filloas, orellas, biscoitos variados...) que nos gustaron moito...Moitas grazas a todas estas familias que tanto nos coidam!!! Por último, fixemos unhas fotiños co fillo do loro Ravachol que xunto con nós pon a nota de cor a este "Entroido mariñeiro".

 


Froita na escola de Xeve!

Dentro do proxecto "Aliméntate Ben" tivemos no cole a semana da froita, dende o día 11 ao 22 de febreiro. Cada día lectivo repartiuse entre o alumnado unha peza dos diferentes froitos propios da tempada na que nos atopamos (pera, mazá, kiwi, mandarina, banana). Aínda que os gustos individuais son moi diversos, os nenos e nenas probaron e mesmo algúns repetiron as degustacións. No mes de maio volveremos retomar esta interesante cata. Aquí vos deixamos unhas fotos dos entusiasmados "froiteir@s".

 

Os mandatos de LarapetoMeco

Comeza o ENTROIDO!

O Larapetomeco mándanos uns retos que temos que seguir para obter as pistas que nos leven a coñecer o personaxe que se oculta tras elas. Tedes que facerlle caso e acadar os seus mandatos.

Aquí tedes o primeiro:

 

 

 Sorte!

Comezamos o proxecto Stop Accidentes!

O día 19 comezamos o día coa visita dos nosos amigos de “Stop accidentes”, que nos deron unha charla aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria na que debatemos a seguridade e accesibilidade á hora de acceder ao noso cole. Ademais da charla, tamén estivemos con eles no aparcadoiro onde nos deixan e nos recollen os autobuses cada día, medindo para logo facer un proxecto de mellora de acceso ao colexio. Grazas por ensinarnos tantas cousas sobre a seguridade. Aprendemos moitas cousas con vos!

Rematando o primeiro trimestre!!

O último día antes das vacacións celebramos o Nadal de forma especial. Dende Asturies veu visitarnos L'Anguleru, personaxe do Nadal asturiano, que tivemos que adiviñar con pistas que fomos recibindo ás aulas durante a semana. Encantounos a súa visita, e aínda máis as lambetadas que repartiu a todos os nen@s!

Ese día tamén fixemos o intercambio de postais do "amigo invisible" e traballamos un montón, coa colaboración dalgunhas mamás e papás, nos obradoiros de Nadal.

Para rematar o día, os rapaces e rapazas de sexto traballaron arreo preparándonos e servíndonos unha merecidísima chocolatada cunha rosca!!!! Bo proveito!!!!

Revolucionando o Nadal!

Canto traballamos para decorar o "noso cole"! Fixemos unha grande árbore de Nadal formada por moitas pequenas árbores decoradas por todos os alumn@s. Ademais disto, adornamos a entrada do cole poñendo  unha cheminea para Papá Noel, as portas  e os interiores das aulas con motivos navideños. Mirade que bonito nos quedou todo con este vídeo!



Radio Xeve!

 

Entre as actividades de Nadal comezamos cunha entrevista en "Radio Xeve" na que os alumnos/as de 4º e 6º de EP fixeron preguntas "insólitas" sobre Papá Noel e o Nadal aos nenos/as de Educación Infantil. Tanto entrevistadores como entrevistados desfrutaron moito e responderon con moito inxenio ás preguntas. 

   

 

 

Despedimos aos profes Elena e Pancho!

Nos últimos meses do 2018 producíronse as xubilacións de dous grandes mestres do centro: Pancho e Elena. Cos mellores desexos de todos, recibiron uns agasallos para que non se esquezan de nós. Aí quedan as fotos que constatan ese momemto. 

Unha aperta moi forte para eles e o noso agradecemento pola súa dedicación e compañerismo.

        

        

 

Cartas camiño a Oriente!

Os pequenos e os non tan pequenos agardan con moita ilusión a chegada das Súas Maxestades, por iso antes de que veñan acoden coas súas cartas e peticións ao buzón máxico.

 

Un Nadal diferente...Un Nadal solidario

           

Comeza o Nadal, época na cal nos acordamos daquelas persoas sen recursos e menos favorecidas da sociedade. Ante isto, propúxose á comunidade educativa participar nunha campaña de recollida de alimentos, xoguetes e libros. Este ano, Cáritas foi o  destinatario oficial. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut