Skip to Content

Actividades

SAÍDA AO TEATRO E A NOSA ARTE 3º E 4º

O pasado mércores saímos ao Teatro da Fundación para poder desfrutar da peza teatral "Hugo" e sensibilizarnos coa realidade das persoas con autismo. Despois repuxemos forzas e asistimos ao Museo Café Moderno onde aprendemos moito da nosa arte e fixemos arte a través da robótica cooperativa. 

Álbum: Curso 22-23 -> Teatro e a Nosa Arte, 3º e 4º

CONCERTO SINFÓNICO "O ENTROIDO DOS ANIMAIS"

No fin do entroido a rapazada do cole de Xeve foi a desfrutar do concerto sinfónico "O entroido dos animais" ó Teatro Principal de Pontevedra. Pese as adversidaades climatolóxicas desfrutamos moito e paasámolo moi ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Concerto sinfónico "O entroido dos animais".

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro e estivemos completando con algunhas palabras en galego o mural que fixemos entre todo o colexio para recordar e aprender moito sobre a gran escritora galega. 

Álbum: Curso 23-24 -> Rosalía De Castro, 23 de febreiro de 2024

DÍA DA PAZ

Xuntámonos todo o cole para celebrar o día da paz. Este ano facendo xogos coperativos demostrando que xuntos pódese facer do mundo un lugar mellor. Aproveitamos para relacionarnos cos nenos e nenas de todos os cursos e o pasamos moi ben. 

Álbum: Curso 23-24 -> Día da paz

OBRADOIRO DO NADAL 2023

Aquí unha mostra da creatividade navideña da nosa rapazada. Foron uns obradoiros moi entretidos dos que aprendemos da man dalgunhas familias que colaaboraron con alegría.

Álbum: Curso 23-24 -> Obradoiros do Nadal

ESTATUTO DE AUTONOMÍA

As nenas e nenos do cole aprenderon máis cousas sobre a nosa terra e o que significa o Estatuto de Autonomía. 

XORNADAS DE PERCEPCIÓN AXEITADA DE ROL PARENTAL PARA PAIS E NAIS

O vindeiro martes 5 de decembro realizaranse unhas xornadas sobre "PERCEPCIÓN AXEITADA DO ROL PARENTAL PARA PAIS E NAIS" impartidas pola Cruz Vermella. Estas, están enmarcadas no proxecto de "Apoio á parentalidade positiva" que ten esta mesma entidade. Terán lugar ás 17:30 h no colexio. Podedes anotarvos no seguinte enlace.

Animádevos a participar!

SAMAÍN 2023

O martes 31, celebramos o Samaín no cole! Como cada ano, tivemos o concurso de cabazas... Desta volta a temática foron as OLIMPIADAS! Nas fotos poderedes ver como @s peques de infantil disfrutaron dunha mañá de talleres: un sensorial e outro de manualidades... Ademais, o alumnado veu ao cole coas súas mellores e máis terroríficas galas! PASÁRONO DE MEDO!

Álbum: Curso 23-24 -> Samaín

MAGOSTO

Chegou o magosto! Os peques de infantil xunto a EEI de Verducido estiveron xogando nunha instalación especial sobre o magosto. Despois todo o cole saboreou unhas estupendas castañas. Para rematar, as últimas horas leváronse a cabo xogos nas distintas instalacións do cole. Pasárono xenial!

Álbum: Curso 23-24 -> Magosto
Distribuir contido


by Dr. Radut