Skip to Content

Actividades

Día de Rosalía de Castro

As nenas e nenos de 6º de Educación Primaria fixeron un pequeno recital de poesía con algún dos poemas máis importantes de Rosalía de Castro para recordala na data do seu nacemento. 

 

Álbum: Curso 21-22 -> Día de Rosalía de Castro

Día da Paz

Para conmemorar o día da Paz os nenos e nenas de todo o cole saíron ao patio a facer a silueta do símbolo da paz como mostra de unidade. Cantaron todos xuntos unha fermosa canción que podedes escoitar picando na seguinte ligazón.

 

Álbum: Curso 21-22 -> Día da Paz

ROTEIRO INFANTIL: VISITA A PONTEVEDRA

Nas pasadas semanas tivemos a sorte de participar nos roteiros infantís por Pontevedra organizados polo Concello. 

Aprendimos moito sobre a cidade e a xente que viviu nela fai moitos anos. 

Aproveitamos tamén para visitar a exposición de Origami no Museo de Pontevedra.

 

Trebellos da nosa contorna

Aquí tedes todos os trebellos recollidos e expostos ao longo dos dous últimos meses. Moitas grazas a todas as familias pola participación. 

Álbum: Curso 21-22 -> Trebellos da nosa contorna

Magosto 2021

O pasado venres 5 de novembro tivemos a sorte de celebrar o Magosto na nosa escola. 

Degustamos ricas castañas moi quentiñas e nos divertimos con xogos tradicionais. Foi un día estupendo!

Pincha no vídeo e verás que ben o pasamos. 

 

Día mundial da alimentación saudable

Este ano, para conmemorar o Día Mundial da Alimentación Saudable, as familias e os alumn@s crearon receitas saudables con produtos de tempada. 

Pinchade na imaxe se queredes gozar destas marabillosas receitas.

Samaín

Chegou Samaín cargado de moita diversión, con meigas, vampiros, demos e moitos outras personaxes terroríficos.

Como cada ano repartíronse os diplomas as cabazas máis destacadas en cada categoría pero o certo é que todas eran fantásticas.

Podedes ver as imaxes clicando enriba do álbum.

Pasámolo de medo!

Álbum: Curso 21-22 -> Samaín

O Ganapán: Saída ao Mercado Municipal de Pontevedra

O pasado mércores 27 de outubro o alumnado de 5º de Infantil e 1º e 2º de E. Primaria fomos participar na actividade de O Ganapán no Mercado Municipal de Pontevedra. 

Aprendemos moitas cousas sobre o mercado, o producto local e artes de pesca. E sobre todo, pasámolo xenial!!

Aquí podedes ver unha pequena mostra da experiencia: 

 

Contacontos Bea Campos

Este luns @s alumn@s de 6º de EI, 2º de EP e 3º de EP; recibimos a visita de Bea Campos que nos descubreu unha morea de contos que temos na nosa biblioteca do cole dunha forma moi divertida e interesante.

Esta actividade pertence ao salón do libro de Pontevedra e foi organizada polo equipo de biblioteca. 

Agora non podemos deixar de lelos!

 

Álbum: Curso 20-21 -> Contacontos Bea Campos

Os primeiros brotes verdes

Pincha na imaxe para ver as demáis fotos.

Álbum: Curso 20-21 -> Horto primavera 20/21
Distribuir contido


by Dr. Radut