Skip to Content

blogue deAdmin3

TEATRO ABANCA: WHAT MONSTER?

O pasado luns, o alumnado de 5º e 6º de primaria, tivemos a sorte de asistir á obra de teatro en inglés "What monster?". 

Foi unha experiencia moi enriquecedora onde incluso tivemos algunha participación estelar.

Podedes ver a noticia tamén no xornal PontevedraViva picando aquí.

 

ECOPERCUSIÓN

Un ano máis participamos no obradoiro de Ecopercusión, creando música a partir de materiais de refugallo. Un obradoiro inclusivo que acolle a todo o alumnado a través da música. 

Desfrutamos moito seguindo os ritmos e explorando cos sons. 

PROCURANDO COGUMELOS.

Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois. 

Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non.
Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!

Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.

 

TEATRO PRINCIPAL: "A CAZOLA DE LOLA"

Este luns 17 de Outubro o alumnado de 1º e 2º de primaria tivemos a sorte de disfrutar da obra "A cazola de Lola" no Teatro Principal de Pontevedra.

Foi unha fermosa experiencia, onde disfrutamos moito da música e aprendimos da historia de superación de Lola.

DEPOEMPRENDE 2021-2022

O alumnado de 6º de E. Primaria pon fin á súa experiencia empresarial participando no mercadillo organizado pola Deputación de Pontevedra "Depoemprende" en Vigo.

Fíxose tamén a entrega de parte dos beneficios da Cooperativa a dúas asociacións benéficas: Banco de Alimentos e Cruz Vermella. 

Foi unha actividade moi enriquecedora, na que nos achegamos un pouquiño ao mundo empresarial, traballando en equipo e desenvolvendo diferentes actividades.

 

VISITA Á GRANXA ESCOLA EL KIRIKO

Todo o alumnado do cole de Xeve tivemos a sorte de experimentar, de primeira man, a vida na granxa.

Fixemos diferentes obradoiros (facer pan, coidar animais, plantar...) nos que aprendimos moito e o pasamos xenial.

Plan Proxecta: Inspector urbanístico por un día

Grazas á Inspectora da APLU e os contos "Lonxe de todo", o alumnado de 6º de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria, desfrutaron da súa experiencia como Inspectores Urbanísticos por un día. Que ben o pasamos!

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

A continuación amosámosvos algúns dos traballos que fixemos durante a semana das Letras Galegas:

 

 

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar a  Semana do libro, os nenos e nenas realizaron moitas actividades organizadas polo equipo de Biblioteca Escolar. 

Panadeir@s por un día!

O alumnado de infantil visitou o forno da panadaría ACUÑA. Vimos todo o proceso da elaboración do pan, pasteles e empanadas. 

Además tivemos a sorte de amasar o noso propio pan!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut