Skip to Content

Impresos

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

No DOG do 13 de novembro publicouse a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación  especial en centros docentes públicos dependentes desta conselleria e centros privados concertados no curso 2020/21.


- Non ten que presentar solicitude:

 O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-21, se tramita automáticamente dende o centro.


- Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Podedes descargar o impresos e presentalos no centro educativo de xeito presencial.

Prazo para a presentación do 16 ao 27 de novembro de 2020.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, CURSO ESCOLAR 2020/21

No DOG do martes 19 de maio publícase a convocatoria do fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de EP, (este curso en 3º tamén se permitirá cambiar os libros de texto), así como convocatoria para mercar os libros de 1º e 2º de EP e material escolar para toda a etapa de EP o vindeiro curso 2019/20. Prema aquí para aceder a normativa.

O prazo está aberto dende o 20 de maio ata o venres 19 de xuño. A presentación da solicitude única (libros e materiais) se pode facer por medios electrónicos ou descargar a solicitude premendo aquí, tamén poden recollela no centro.

Este curso para evitar aglomeracións acordamos establecer o seguinte horario de 9;00 a 13:00 horas, distribuídos da seguinte maneira:

Os luns : 6º EI e 1ºEP

Os martes: 2º EP

Os mércores : 3º EP

Os xoves : 4º EP

Os venres: 5º EP

O alumnado de 6º EP deberá entregala no IES no que sexa admitido.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar, curso escolar 2019/20

No DOG do luns 20 de maio publícase a convocatoria do fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de EP, así como convocatoria para mercar os libros de 1º e 2º de EP e material escolar para toda a etapa de EP o vindeiro curso 2019/20.

O prazo está aberto ata o venres 21 de xuño. A presentación da solicitude única (libros e materiais) se pode facer por medios electrónicos ou descargar a solicitude premendo aquí, tamén poden solicitala na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut