Skip to Content

Biblioteca Larapeto

XeveClub

Para conmemorar maio como o mes da lingua, o alumnado do cole preparou algunhas reseñas de contos e novelas. Mirade que exposicións máis creativas elaboraron!

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

4ºEP
 
 
 

LARAPETADAS 2018/2019

Despois de tantos anos, a revista escolar volve pisando forte con un novo nome elexido polo alumnado do centro. Aquí tedes o primeiro número de moitos dos que virán. Desfrutade do LARAPETADAS!!!!

 

 Larapetadas


En setembro, estará esperando no cole un exemplar impreso para cada un de vós!!

Familias contadoras. "Bágoas debaixo da cama"

O pasado venres, 14 de xuño, acompañounos na hora de ler Dori, a nai de Naara de 4º, quen nos descubriu dous marabillosos contos: "La extraña visita" de Gracia Iglesias e "Bágoas debaixo da cama" de Ana Meilán. Grazas Dori por vir e esperámoste para a próxima!

Recetario mariñeiro

Ao longo do curso escolar 2018/2019, o alumnado concienciouse da importancia dunha alimentación saudable e equilibrada. Tras isto, os nenos e nenas foron elaborando algunhas receitas con productos do mar con degustación nas aulas incluida. Que rico estaba todo!!!! A continuación, podedes botar un vistaciño e practicar estas receitas tan saudables nas vosas cociñas!


OLLO, COIDADO QUE NON SE VOS QUEIME!!

 

 

Trouladas nº 25, xuño 2019

Despois dun tempiño sen vernos, de novo estou con vós. Esta vez nun formato máis acorde cos tempos. Desfrutade da lectura e ... nos veremos en breve.

Dalle a Lingua

No terceiro trimestre, o alumnado dos diferentes cursos participamos no programa Dálle a Lingua de ONDA CERO traballando así a expresión oral na lingua galega. Este luns 24 de xuño emitiuse o 1º programa patrocinado polo departamento de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa. Neste programa, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º da EP comentaron aspectos  sobre diferentes proxectos que traballamos no centro, como  o "Mar", o  "Comercio"e "EduEmprende".

Poñede a orella e escoitade que ben se desenvolven estes locutores!!! Estaremos esperando o segundo programa de radio!

  

Familias contadoras

O 10 de maio recibimos a visita de Silvia a nai de Carla Alvés de 1º, nesta ocasión contounos unha estupenda historia "Cuentos de ponis".

Moitas grazas por compartir con nós este tempo lector!!

KAMISHIBAI

Hai uns días quedamos maravillados cunha forma diferente de contar contos: o Kamishibai!

Ángeles e Diego, alumnos de 4º, prepararon unhas historias con esta particular técnica orixinaria de Xapón. Consiste nun pequeno teatro de madeira que serve como soporte das láminas do conto que, por unha cara teñen as imaxes e pola outra o texto. 

Moitísimas grazas, sodes uns contacontos estupendos!!

Familias Contadoras.

Nesta ocasión contamos con Alba, a nai de Pedro e Roque, de Educación Infantil. Encantáronnos os dous contos que nos tiña preparados: "As chaves dos soños", co que deixamos voar a nosa imaxinación e "Quen ven esta noite?", no que descubrimos a verdadeira historia do Ratiño Pérez!

Moitas grazas por estes momentos tan máxicos! 

Distribuir contido


by Dr. Radut