Skip to Content

Actividades

TRIATLÓN

Recibimos moitas imaxes dos nenos e nenas que acudiron a ver o triatlón a Pontevedra, aquí tedes algunhas delas.

Álbum: Curso 23-24 -> Triatlón

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD) PLAN PROXECTA

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD)

Este curso dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) do Plan Proxecta participamos en tres modalidades:

 

DAFIS: Valorar a condición física para a saúde do alumnado a través das probas e dos test propostos, para traballar, en base os resultados obtidos, na mellora da condición física saudable, tanto de forma individual, como global (clase, centro educativo), do alumnado, e desenrolar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas, e sedentarismo asociado a pantallas-).

 

XOGADE: Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar: Participación nalgunha das modalidades existentes na actividade deportiva escolar, recollidas na web https://xogade.xunta.gal

 

MILLA DIARIA: Realizar unha milla diaria (andando/trotando) para incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo e medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).

 

FUNDACIÓN PHO3NIX KIDS por Javier Gómez Noya. Obradoiros deportivos para as escolas.

Actividades deportivas e educativas organizadas pola Fundación Pho3nix nos colexios. Os obradoiros desenrolanse coa participación de deportistas recoñecidos, incluídos atletas olímpicos. O obxectivo é presentar un amplo abanico de disciplinas deportivas aos nenos y axudarlles a descubrir a que máis lles guste.

 

Ademais de estas propostas quixemos traballar na mellora da condición física saudable do alumando achegándoo á oferta de diferentes modalidades deportivas, así como a coñecer os clubs e escolas deportivas da nosa contorna.

Para elo, en asociación co CEIP de Cabanas, o CEIP Plurilingüe Froebel, o CPR San José e o CEIP Xunqueira nº 1, creamos a Asociación Deportiva Pontevedra (ADESPONT) para a dinamizar a practica deportiva nos nosos centros.

Elaboramos unha programación de doce xornadas nas que participamos no programa Xogade (Campo a Través, Atletismo en Pista, Voleibol, Bádminton, Xadrez, Baloncesto, Natación e Tenis de Mesa ...), organizamos xornadas de convivencia entre centros practicando deportes alternativos (Floorball, Kickball e Pelota Canadiense e outra modalidade, e celebramos xuntanzas intercentros ( os cinco centros da asociación) onde achegamos ao noso alumnado a outras modalidades deportivas tales como  Baile,  Rugby Cinta, Ciclismo, Carreira de Orientación e Xogos Populares e Tradicionais.

Ademais concertamos visitas a os nosos centros e tamén as súas instalacións con diversos clubs e escolas deportivas para coñecer de primeira man as súas modalidades deportivas:

-S.D. Teucro (Balonmán e XogaBalonmán na Escola)

-Centro Galego de Tecnificación Deportiva CGTD (Loita e XogaLoita) e acudimos ao Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, que se celebrou na nosa cidade no Pavillón Municipal

-Escola de Xadrez Pontevedra (Xadrez)

-Escola de Danza Fita Novas (Baile)

-PonteBaile (Baile)

-Club Voleibol Pontevedra (Volei)

-Club Baloncesto Arxil (Baloncesto)

-Club Bádminton Ravachol Pontevedra (Bádminton)

-Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra (Esgrima).

-Sociedad Gimnástica Pontevedra (Atletismo).

-Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra (Piragüismo modalidade Dragón Boat).

-Club Salvamento Acuático Pontevedra - Club S.A.PO (Salvamento Acuático).

-Club Galaico Sincro (Natación).

-Club de Tenis Pontevedra (Tenis).

-Tenis de mesa Monte Porreiro (Tenis de Mesa).

 

No propio centro continuamos desenvolvendo os Recreos Activos cun calendario de actividades lúdico-deportivas para tódolos cursos con propostas como fútbol sala, voleibol, palas, brilé, bádminton, baloncesto, mini-balonmán, tenis de mesa, rocódromo e xogos tradicionais.

Para completar temos que mencionar as saídas como o roteiro do Salgueiral, roteiro de infantil, roteiro Mª Victoria Moreno e o roteiro micolóxico pola contorna do centro, a excursión a Cabeza de Manzaneda  de 6º de EP con actividades como vivacs, parque multiaventura, senderismo, natación, orientación fotográfica e tiro con arco, ou as charlas “O deporte na etapa escolar” dentro do programa da concellería de Educación e Deportes “A vida é movernos” impartido polo Club Cisne Balonmán, a “Educación para a Saúde”, os “Primeiros Auxilios” impartido polo Servizo de Urxencias do 112 para alumnado, nais, pais e mestres, e a charla “Prevención de Costas” impartida pola Unidade RAQUE do Servizo de Rehabilitación do Hospital de Montecelo

Álbum: Curso 22-23 -> PVAD 22-23

EXCURSIÓN AO GROVE

O pasado 20 de xuño íamos de excursión ao Grove todo o colexio! Visitamos o Acuario, fomos en barco e, mentres uns foron á praia, outros visitamos a Aldea Grobit na Illa da Toxa. 

 

Pasámolo tan ben que algúns e algunhas viñeron durmindo de volta!

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión ao Grove

ROTEIRO INFANTIL DE 4º DE PRIMARIA

O pasado día 25 realizamos cos nenos e nenas de 4º de Primaria un percorrido guiado polo centro histórico de Pontevedra para descubrir a cidade a través de xogos. A continuación deixámosvos algunhas fotos que sacamos durante a realización da actividade. 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, desde a Biblioteca do cole achegámosvos unhas recomendacións lectoras en galego.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Recomendacións lectoras LETRAS GALEGAS

XORNADAS DE IOGA

O vindeiro venres 19 de maio celebraremos no colexio unhas Xornadas de Ioga en familia. Serán de 16h a 18h a cargo da Escola Sangña Yoga. Estades convidad@s!

Salón do libro 2023

O pasado luns tivemos a sorte de voltar visitar O Salón do Libro en Pontevedra, onde fixemos distintas actividades e percorrimos as exposicións, onde pudemos atopar o noso propio traballo.

E, coma sempre, foi un gran pracer, saudar ao noso amigo Orbil!

Álbum: Curso 22-23 -> Salón do libro 23

XORNADAS SOBRE CARDIOPROTECCIÓN - PRIMEIROS AUXILIOS

O vindeiro 18 de abril celebraremos no cole unhas xornadas sobre CARDIOPROTECCIÓN-PRIMEIROS AUXILIOS. Estades convidad@s a vir á sesión de tarde para familias. Será GRATUÍTO para @s SOCIOS da ANPA e terá u prezo de 5€ para @s NON SOCIOS.

AGARDÁMOSVOS!

CARTEL XORNADAS CARDIOPROTECCIÓN

NOVA VIDA NO COLE DE XEVE.

Despois de 21 días agardando e observando, un dos nosos ovos eclosionou.

Así foi como naceu o noso pitiño!

 

ENTROIDO

Comezou o entroido! Despois de cumprir os mandatos do meco (Larapeto) vimos disfrazados a escola relacionado co proxecto deste ano, a auga. Había moita variedade de disfraces cada cal máis orixinal e divertido. Desfilamos, fixemos os bailes e desfrutamos das larpeiradas típicas do entroido coas familias. Foi un día marabilloso.

Álbum: Curso 22-23 -> Entroido
Distribuir contido


by Dr. Radut