Skip to Content

Actividades

SE EU PODO, TI PODES

Os retos de hoxe son moi variados, animádevos!!!

 

SE EU PODO, TI PODES

Dado que xa estamos superentrenados cos retos anteriores hoxe toca unha mezcla de todos. A por eles!!!

 

SE EU PODO, TI PODES

Aquí tedes aos vosos compañeiros e compañeira "sobre rodas". A ver se conseguides ter o seu equilibrio!!! 

 

SE EU PODO, TI PODES

As vosas compañeiras rétanvos a facer os seguintes exercicios de ximnasia. Practicade moito para conseguir chegar ao seu nivel Guiño

 

SE EU PODO, TI PODES

Preparados para saltar?

Esta vez os vosos compañeiros e compañeiras rétanvos a saltar a comba e a pegar chimpos coma eles e elas.

 

SE EU PODO, TI PODES

Para hoxe uno novo reto "Movendo o corpo". Tentade bailar tan ben coma as/os vosas/os compañeiras e compañeiros !!!!!

 

SE EU PODO, TI PODES

Aquí vos deixo os primeiros retos para que pasedes uns bos momentos imitandoos. Neste caso necesitades pelotas e balóns de diversos tamaños ou podedes botar a vosa imaxinación a andar e crealos.

A divertirse!!!

 

MERCADO EVEX ENTROIDO

Coincidindo co Entroido no colexio, o venres 1 de marzo realizamos un mercado da cooperativa EVEX. Foi na biblioteca do centro, despois da degustación dos deliciosos doces que aportaron as familias. Alí colocamos os postos e vendemos os nosos produtos (pulseiras, cestos, imáns, marcapáxinas, xabóns...). 

Participaron as familias, o alumnado e os mestres e mestras. As vendas animáronnos a seguir coa fabricación artesá dos nosos produtos.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Vémonos na próxima!! ESPERÁMOSVOS!!!

 

 

XA TEMOS O CIF!!!

O día 26 de febreiro, os alumnos de 5º e 6º acudimos á Deputación de Pontevedra para recoller o CIF da nosa cooperativa EVEX.

Alí expuxemos ante o público presente o noso proxecto de cooperativa. Despois ensináronnos o salón de plenos e puidemos sentarnos arredor da enorme mesa de reunións.

Por fin, temos o CIF da nosa cooperativa. Estamos moi contentos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut