Skip to Content

Actividades

TEATRO ABANCA: WHAT MONSTER?

O pasado luns, o alumnado de 5º e 6º de primaria, tivemos a sorte de asistir á obra de teatro en inglés "What monster?". 

Foi unha experiencia moi enriquecedora onde incluso tivemos algunha participación estelar.

Podedes ver a noticia tamén no xornal PontevedraViva picando aquí.

 

Chocolatada de Nadal

O último día previo as festas de Nadal desfrutamos no centro dunha gran chocolatada con rosca de reis incluída. Ademáis recibimos a visita de dúas personaxes moi importantes nestas datas e, por se isto fora pouco, os voluntarios da biblioteca recibiron un agasallo polo seu gran traballo. Foi un día completísimo.

Álbum: Curso 22-23 -> Chocolatada Nadal

Talleres de Nadal

Antes das vacacións desfrutamos dunha serie de talleres navideños compartidos coas familias que puideron vir a botarnos unha man na súa elaboración. Foi un día moi divertido e emocionante. Moitas grazas a todas as familias que puideron asistir.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Talleres de Nadal

RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA

Como todos os anos nestas datas, dende o cole pedimos a vosa colaboración para realizar unha recollida solidaria de alimentos dende o xoves 15 ata o martes 20 de decembro. 

Se precisan: legumes, arroz, pasta, potitos de bebés, leite e en xeral todo tipo de alimentos non perecedeiros.

Moitas grazas pola vosa colaboración. Entre todos podemos facer unha gran labor con pequenos xestos.

25 N

O pasado 25 de novembro realizamos unha instalación artística co lema "NO COLE DE XEVE CAMIÑAMOS TOD@S XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" no que participou todo o cole. Grazas ás familias polas aportacións de zapatos que cada nen@ pintou de cor morada de forma simbólica. 

Agardamos que nun futuro non teñamos que celebrar estas conmemoracións... Por un mundo en IGUALDADE e SEN VIOLENCIA!

 

 

PROCURANDO COGUMELOS.

Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois. 

Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non.
Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!

Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.

 

UN SAMAÍN DE MEDO!

O venres 28 disfrutamos dunha xornada de terror moi especial: con contancontos, entrega de premios das cabazas e moita festa terrorífica! Esperamos que o pasaran de medo... Aquí vai a mostra!

CONTO TERRORÍFICO

Os nenos e nenas de todo cole fixemos unha historia terrorífica para festexar o día de Samaín. Cada un dos cursos elaborou unha parte da historia. Aquí vos deixamos o resultado final.

Recomendacións lectoras para o verán

Dende a biblioteca do cole Larapeto fixo estas recomendacións lectoras para todos e todas. 

Desfrutade do verán e que mellor forma de facelo que mergullándose nunha aventura entre letras.

Pincha na imaxe para ver as recomendacións

Álbum: Curso 21-22 -> Recomendacións literarias

Entroido

Chegou o entroido e os nenos e nenas de todo o cole desfrutaron cos disfraces temáticos de cada curso. Despois cantaron unha murga que compuxeron na clase. Foi un día moi divertido!

 

Álbum: Curso 21-22 -> Entroido
Distribuir contido


by Dr. Radut