Skip to Content

EP

QUÉN VIVE AÍ?

O programa Revitaliza achegounos a coñecer aos bechos que viven no noso composteiro. Os nenos e nenas de 3ºEP buscamos, apartamos con moito coidado e observamos aos distintos insectos que conviven no composteiro do noso cole, coñecendo un pouco máis sobre as súas características e a súa importancia no noso ecosistema. Foi moi interesante.

NAUTILUS

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o teatro para ver a obra "Nautilus", unha adaptación da obra de Julio Verme. A pesar de transcorrer toda a obra dentro dunha peceira, foi moi interesasnte, relacionado co proxecto de centro sobre a auga e a prevención da súa contaminación.

 

VIAXE Á PREHISTORIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria visitaron o museo de Pontevedra para facer unha viaxe ao pasado. A través de xogos e actividades aprenderon un montón de cousas sobre a prehistoria. Tiveron tempo para facer as súas propias ferramentas coas mans e despois desfrutaron dun tempo libre na Alameda de Pontevedra.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita museo 1º e 2º

TEATRO PRINCIPAL: "A CAZOLA DE LOLA"

Este luns 17 de Outubro o alumnado de 1º e 2º de primaria tivemos a sorte de disfrutar da obra "A cazola de Lola" no Teatro Principal de Pontevedra.

Foi unha fermosa experiencia, onde disfrutamos moito da música e aprendimos da historia de superación de Lola.

Despedida 6º E.P.

Os maiores do cole, como tódolos anos, despídense para buscar novos retos e aprendizaxes no instituto.

Moitas grazas por todos os momentos vividos.

Moita sorte nesta nova etapa.

 

Saída a Allariz

O pasado día 27 de maio, os alumnxs de 6º de educación primaria visitaron a vila de Allariz, na provincia de Ourense.

Alí realizaron unha visita guiada e tetralizada polo casco vello desta vila, para dar a coñecer os principais enclaves turísticos da mesma.

Tamén visitaron o ecoespazo de "O Rexo".  Este é a obra resultante da intervención pictórica e escultórica do artista vasco Agustín Ibarrola sobre un espazo natural. Nel intégranse unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite e unha quesería onde se produce o “Queixo do Rexo”.

Álbum: Curso 21-22 -> Allariz

Pontenciencia

Os alumnos/as de 5º de E.P. participaron nesta nova edición de Pontenciencia coa súa investigación titulada "As sementes movedizas" a través da cal quixeron comprobar como as plantas grazas ao xeotropismo (capacidade para detectar a gravidade) son capaces de facer crecer o talo cara arriba e as raíces cara abaixo independentemente da posición na que sexan plantadas as sementes.

 

Álbum: Curso 21-22 -> Pontenciencia

Down Pontevedra

As nenas e nenos de 3º e 4º de primaria recibiron a visita da Asociación Síndrome de Down Pontevedra para falarlles sobre as persoas con Síndrome de Down e amosarlles a través de xogos e actividades como é o día a día dunha persoa con esta síndrome. Tamén coñecimos a Matías que nos contou en primeira persoa como é a súa vida.

 

Obradoiro de educación vial

Os nenos e nenas de primaria participaron nun obradoiro sobre educación vial organizado por Stop Accidentes no que se falou sobre a prevención de accidentes como peóns e os medios de transporte máis sostibles.

Xeocaching

As nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron, en dúas sesións separadas, unha actividade sobre orientación espacial coñecida como Xeocaching no parque forestal de A Fracha.

Álbum: Curso 21-22 -> Xeocaching
Distribuir contido


by Dr. Radut