Skip to Content

EP

Saída de 1º de Primaria

As nenas e nenos de 1º de EP foron a coñecer os muiños de Batán en Salcedo e o castro das Croas e volveron encantados.

Pontenciencia 2022

04/02/2022 09:00
Europe/Madrid

TRIANGULANDO

As nenas e nenos de 5º de E.P. realizaron unha actividade de construcción de estructuras baseadas en formas xeométricas. Un pentágono como base e triángulos como caras para erguer unha estructura con forma de cabaña onde poder agocharse, meterse no seu mundo e desenvolver a súa creatividade con material reciclado. As caras desas cabañas estaban cubertas con retais dun paracaídas. 

Non bos estrañedes se algún deles quere realizar algo así na súa finca. Como disfrutamos.

Álbum: Curso 21-22 -> Triangulando

ECOPERCUSIÓN

O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria disfrutou dunha "masterclass" sobre percusión, pero non de calqueira tipo. Unha clase de percusión ecolóxica, como non podía ser doutra forma no noso centro. Para el utilizáronse cubos de pintura vacíos, bidóns e unhas baquetas.

Desfrutade das fotos e do vídeo do ben que lles quedou esta batucada.

Álbum: Curso 21-22 -> Ecopercusión

Actividade "TRIANGULANDO"

20/12/2021 12:00
Europe/Madrid

O alumnado de 5º de E.P. realizará unha actividade enmarcada no Proxecto Terra na que construirán estructuras con formas de triángulos.

Camiñadas con Castelao

Castelao é sen dúbida unha das grandes figuras históricas galegas. A través das súas pegadas na cidade, os alumn@s de 5º e 6º de E.P. foron descubrindo as historias e mitos da Boa Vila. Ademáis puideron gozar da visita á "Sala Castelao" do Museo de Pontevedra onde están expostas moitas das obras deste artista ademáis de obxectos persoais.

Preme na imaxe se queres ler o percorrido desta camiñada.

Álbum: Curso 21-22 -> Camiñadas con Castelao

O CHINEIRO DA TÍA MARÍA

Este luns, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, desfrutamos dunha sesión de contacontos ofertada polo Concello de Normalización Lingüística.

"O chineiro da tía María" é unha contada que emprega a técnica tradicional italiana do "cantastorie", no que se mistura a narración de historias, as pinturas en grandes lenzos e a música cooperativa. Pasámolo en grande!!

Campo a través

As carreiras de campo a través foron a escusa perfecta para cambiar os pupitres por natureza. O pasado martes día 9 de novembro os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. desfrutaron dunha mañá deportiva. 

 

Álbum: Curso 21-22 -> Campo a través

Visionado documental "Outros Camiños"

15/11/2021 09:00
Europe/Madrid

@s alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria visionarán un documental, dirixido por Rubén Riós, no que persoas con disintas discapacidades realizan o Camiño de Santiago. Sen dúbida unha oportunidade para reflexionar sobre a diversidade e a resiliencia.

Carreira campo a través

09/11/2021 09:45
Europe/Madrid

Carreira de campo a través por grupos burbulla medindo os tempos. Correrán os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut