Skip to Content

EP

Despedimos aos profes Elena e Pancho!

Nos últimos meses do 2018 producíronse as xubilacións de dous grandes mestres do centro: Pancho e Elena. Cos mellores desexos de todos, recibiron uns agasallos para que non se esquezan de nós. Aí quedan as fotos que constatan ese momemto. 

Unha aperta moi forte para eles e o noso agradecemento pola súa dedicación e compañerismo.

        

        

 

Cartas camiño a Oriente!

Os pequenos e os non tan pequenos agardan con moita ilusión a chegada das Súas Maxestades, por iso antes de que veñan acoden coas súas cartas e peticións ao buzón máxico.

 

Un Nadal diferente...Un Nadal solidario

           

Comeza o Nadal, época na cal nos acordamos daquelas persoas sen recursos e menos favorecidas da sociedade. Ante isto, propúxose á comunidade educativa participar nunha campaña de recollida de alimentos, xoguetes e libros. Este ano, Cáritas foi o  destinatario oficial. 

 

Navegando con Rumbo!!!

O día 19 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha charla informativa incluida dentro da acción Navega con Rumbo.

                     

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo é unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A súa intención é mentalizar ao alumnado da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

Galiñeando

O día 4 de decembro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria acudiron a Pontevedra para ver  a obra de teatro "A Galiña azul" inspirada no libro de Carlos Casares. 

Ao rematar, foron a ver a exposición do Café Moderno que viron os cursos restantes.

               

SQUASH EN XEVE!

Os nenos/as de educación primaria ó longo do primeiro trimestre, tras investigar sobre o squah, practicaron este deporte no centro. Mirade que bos deportistas temos en Xeve!

        


       

Distribuir contido


by Dr. Radut