Skip to Content

EP

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Neste mes de maio conmemoramos o día das Letras Galegas sendo este ano homenaxeado o pontevedrés Antón Fraguas.

Nas aulas traballamos sobre a súa biografía, os seus libros e publicacións e quixemos investigar un pouquiño sobre o folclore galego como o autor.

E tamén nas clases de plástica fixemos algún que outro retrato de Antón Fraguas Fraguas.

Esperamos que vos guste!!!

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

O martes 21 de maio, no cole innaguramos a semana con xogos tradicionais nunha xornada de portas abertas pola tarde, onde as familias, puideron desfrutar destes xogos cos seus nenos e tamén cos mestres.

Foi unha experiencia moi positiva tanto o día que xogamos en familia como o resto da semana que tivemos xogos durante o recreo e nas clases de E.F.

Grazas ao  Concello do Grove por emprestarnos estes xogos dos que tanto aprendemos.

 



Familias contadoras

Seguimos recibindo a visita de novas familias contadoras! Nesta ocasión acompañounos Felisa, a nai de Andrea de 4º de E.I.

Escoitamos con moita atención a historia de "Rosa Caramelo" de Adela Turín, que nos fala de igualdade e de valentía. Moitas grazas por esta fermosa mensaxe! Esperamos que volvas pronto!

 

VISITA DA INSPECTORA DE SEGURIDADE MARÍTIMA DA CAPITANÍA DE VILAGARCÍA

O mércores 22 de maio, tivemos a gran sorte de contar os nenos/as de 5ºA e 6º coa presenza de Eva Casal Ruibal, inspectora de seguridade marítima da capitanía de Vilagarcia. 

Esta veciña de Xeve falounos da súa nenez, da súa interesante traxectoria académica e profesional.

Ademais fíxonos ver como calquera pode acadar os seus soños cando se esforza realmente por conseguilo.

Moitas grazas Eva por compartir con nós a túa experiencia.

 

 

DEPOEMPRENDE "MERCADO VIGO"

O martes 21 de maio celebrouse en Vigo a clausura do Proxecto DEPOEMPRENDE, no que os alumnos/as de 5º e 6º participamos coa nosa cooperativa EVEX. Alí acudimos xunto cos outros colexios participantes no proxecto. Montamos o posto na rúa Príncipe e vendemos os produtos que nós mesmos elaboramos ao longo do curso. Representantes da Deputación de pontevedra entregáronnos un diploma acreditativo en recoñecemento do noso esforzo. Foi un traballo duro, pero moi gratificante.

Xa podemos decir que somos EMPRENDEDORES!!!

 



Preme aquí  se queres ver a noticia na páxina da deputación e algunhas fotos máis do acto.
 

Estefanía comenta a visita ao noso cole!

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estefanía publicou nas redes sociais a visita ao cole. Xa vos dixemos que quedara encantada! Noraboa ao pequechos de EI e a rapazada de 1º e 2º polo ben que traballastes!Risa

Visita de Estefanía Padullés.

Despois de esperala con tanta ilusión, o mércores 15 de abril chegou Estefanía Padullés, a ilustradora dos libros "A canción do Sol" e "Max e Lea". A rapazada de EI e máis a de 1º e 2º leron atentamente os libros e fixeron nas súas clases uns traballos marabillosos: debuxos, murais, collages, marcapáxinas, ilustracións 3D, aprenderon sobre os dinosaurios, ... Estefanía quedou encantada co que atopou no cole!

Tamén prepararon preguntas para facerlle despois de que ela nos contara as súas historias e debuxara para nós. Foi unha visita estupenda e agradecemos moito que viñera compartir cos seus lectores un tempo moi especial... E que firmara todos os nosos libros con cadanseu debuxo!!

Bravo por Estefanía!

    

 

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor conmemorado das Letras Galegas é o pontevedrés Antón Fraguas.

Para coñecer un pouco máis a súa vida e obra  podedes facer unha serie de actividades online e fichas ás que accederedes premendo na imaxe do autor homenaxeado.

 

Saída de Arte Rupestre por Salcedo!

O luns 29 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron unha saída de arte rupestre por Salcedo. Previamente, antes desta saída, o alumnado recibiu unha conferencia a cargo do historiador Buenaventura Aparicio Casado quen se encargou de formar ao alumnado sobre a información sobre o pasado que aportan os petróglifos.

En cambio, a visita guiada pola arte rupestre de Salcedo correu a cargo de Rafael Quintía Pereira, antropólogo que ensinoulles ao alumnado o valor histórico dos petróglifos en forma de lendas, mitos e crenzas. 

A continuación, deixamos un pequeno vídeo desta visita guiada polo patrimonio arqueolóxico e etnográfico  da parroquia de Salcedo.

 

Saímos na Voz de Galicia!!!

Hoxe, día 3 de maio, os nenos de 5º e 6º  saímos no xornal por mor da cooperativa EVEX.  Nesta reportaxe explican un pouquiño os produtos que elaboramos e como nos organizamos. 

Deixámosvos o enlace do xornal e unha fotiño da reportaxe. 

Estamos moi orgullos@s do noso proxecto!!

Preme aquí: 

Voz de GaliciaAlumnos pero tamén cooperativistas

Distribuir contido


by Dr. Radut