Skip to Content

EP

Festival 1º E 2º de Educación Primaria

Mirade que ben o fixeron o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria!

 

XeveClub

Para conmemorar maio como o mes da lingua, o alumnado do cole preparou algunhas reseñas de contos e novelas. Mirade que exposicións máis creativas elaboraron!

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

4ºEP
 
 
 

RECOMENDACIÓNS "DEPO" LECTORAS PARA O VERÁN

Este verán non esquezades practicar algún deporte, camiñar pola praia, nadar e mergullarvos nun bo libro.

Desfrutade do verán!!

Recetario mariñeiro

Ao longo do curso escolar 2018/2019, o alumnado concienciouse da importancia dunha alimentación saudable e equilibrada. Tras isto, os nenos e nenas foron elaborando algunhas receitas con productos do mar con degustación nas aulas incluida. Que rico estaba todo!!!! A continuación, podedes botar un vistaciño e practicar estas receitas tan saudables nas vosas cociñas!


OLLO, COIDADO QUE NON SE VOS QUEIME!!

 

 

Dalle a Lingua

No terceiro trimestre, o alumnado dos diferentes cursos participamos no programa Dálle a Lingua de ONDA CERO traballando así a expresión oral na lingua galega. Este luns 24 de xuño emitiuse o 1º programa patrocinado polo departamento de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa. Neste programa, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º da EP comentaron aspectos  sobre diferentes proxectos que traballamos no centro, como  o "Mar", o  "Comercio"e "EduEmprende".

Poñede a orella e escoitade que ben se desenvolven estes locutores!!! Estaremos esperando o segundo programa de radio!

  

MILLA FAREIRA

Neste curso decidimos continuar co proxecto deportivo de centro "A Milla" deixando desta vez o Camiño de Santiago e achegándonos á costa nunha nova ruta "O Camiño dos Faros". Vinculando así este proxecto co proxecto centro adicado ao "Mar".

Para o cal os distintos cursos levamos a cabo unha serie de tarefas:

1º Cada curso investigou sobre unha etapa do camiño dos faros coa intención de facer un triptico de cada etapa a modo de guía turística.

 2º Un mural co mapa do camiño para situar as diferentes etapas.

3º Medimos e sinalizamos o traxecto da Milla do cole con pegadas de Traski, a mascota da ruta dos faros e renovamos as indicacións da milla do ano pasado.

4º Introducimos un reto para o último trimestre chamado "O Contavoltas" para motivar aos rapaces/as e buscar unha maior implicación no proxecto empregado como recurso a Traki, mascota da ruta.
Aqui vos deixamos algúns dos retos de Larapeto (mascota da biblio) arredor de Traski e o contavoltas.

 

ACTIVIDADES DE DEPORTE SAUDABLE

Dentro do proxecto deportivo do centro incluíronse moitas actividades traballando deste xeito o deporte e a alimentación que son as bases fundamentais para ter unha vida saudable.

Algúns destes traballos son:

  • Murais sobre menús e pirámides alimentarias.

  • Busca de información e investigación das diferentes actividades deportivas.

  • Un noticieiro con artigos referidos a deportes.

  • Diversas actividades de senderismo

  • Deportes náuticos como o kayak e minoritarios coma o golf.

EXCURSIÓN ILLAS CÍES. COOPERATIVA EVEX

O xoves 13 de xuño, os socios e socias da Cooperativa Evex fomos de excursión ás Illas Cíes cos beneficios acadados. Collemos o catamarán en Vigo (por certo vimos algún golfiño) e tivemos unha visita guiada pola contorna das Illas. Pola tarde, quedámonos a comer na fermosa praia de Rodas, tendo que compartir a comidas coas "amigas" gaivotas. Así e todo pasámolo moi ben.

Aquí vos deixamos unha mostra.

 



KAMISHIBAI

Hai uns días quedamos maravillados cunha forma diferente de contar contos: o Kamishibai!

Ángeles e Diego, alumnos de 4º, prepararon unhas historias con esta particular técnica orixinaria de Xapón. Consiste nun pequeno teatro de madeira que serve como soporte das láminas do conto que, por unha cara teñen as imaxes e pola outra o texto. 

Moitísimas grazas, sodes uns contacontos estupendos!!

DONACIÓN A ONG "OS PALLEIROS" POR PARTE DA COOPERATIVA EVEX

A cooperativa Evex fixo entrega este luns 3 de xuño  do donativo á Protectora "Os palleiros" de Pontevedra.

Para recollelo acudiron ao centro dúas responables da protectora acompañadas de "Triana" unha pitbull moi boiña que estivo encantada cos agarimos dos nenos.

Contáronnos moitas cousas do seu traballo cos animais abandoados que recollen e como podemos axudar: cun donativo, apadriñamento, volutariado, etc.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut