Skip to Content

EP

Saída polo río Gafos

Ola a todos!!!!

O pasado venres, 4 de xuño, o alumnado de primeiro e segundo fomos de excursión!!

Fixemos un cachiño do Camiño de Santiago, o tramo do río dos Gafos no seu paso por Tomeza e Pontevedra. O primeiro que fixemos foi visitar a pequeña capela de Sta Marta e despois encamiñámonos polo sendeiro do río. A verdade é que viñemos abraiados coa frondosa vexetación que atopamos; árbores tan altas que parecía que achegaban as súas testas para manter unha conversa nun intento por non deixarnos ver o ceo. Ás veces, deixaban entrar un raio de sol que nos permitía ver o fondo do río e, de cando en vez, algunha troita!!

O transcurso do Gafos é estreitiño pero super chulo, coas súas pequenas pontes de madeira e ata un muíño onde merendamos! Un pequeno carreiro pegado á beira do río permitíanos facer o percorrido andando, para alegría dalgúns pés lixeiros que facendo caso omiso dos avisos dos profes metéronse de cheo nas pozas de lama!!

Tamén vimos pasar  o tren dirección Vigo e algúns veciños do lugar sachando nos campos. Cando chegamos a Pontevedra fomos a remátalo día no parque de Campolongo, onde o pasamos moi ben.

Foi un día diferente, cheo de emocións e risas cos compañeiros que nunca esqueceremos.

Clica na foto.

Antón Cortizas

O pasado 20 de maio os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria tivemos a sorte de poder falar con Antón Corti¡zas, o autor, de entre moitos outros, do libro Vaia tropa! que estivemos a ler nas aulas.

Aproveitamos para preguntarlle moitas cousas sobre o l¡bro que nos chamaron a atención.Despois recitámoslle algúns dos seus poemas. Para rematar ensinounos a facer unha bolboreta con papiroflexia. 

Foi moi agradable e divertido, estamos desexando ler outros libros del.

Ciencia en movemento

Os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tamén desfrutamos dos nosos respectivos obradoiros de ciencia en movemento.

Aprendimos moito e nos sorprenderon con numerosos experimentos.

Foi moi interesante como se pode ver no seguinte vídeo de resumo.

 

Entroido na casa

A pesar da situación actual as nenas e nenos de 3º de Primaria decidiron compartir con todos nós como desfrutaron este entroido peculiar nas súas casas.

 

Obradoiro de Educación en valores. 6º EP

22/03/2021 12:00
Europe/Madrid

Nestes obradoiros traballaranse: Habilidades sociais, educación emocional e bo uso das TIC.

Obradoiro BeTalentSTEAM. 6º E.P.

24/02/2021 12:00
Europe/Madrid

Con motivo da Semana da Muller na Ciencia, Mónica, unha antiga alumna do centro, acercaranos a súa experiencia profesional relacionada coa ciencia e a tecnoloxía a modo de referencia ou inspiración.

Taller online SEGURIDADE EN REDES

01/02/2021 12:00
Europe/Madrid

En formato virtual e sen necesidade de moverse da aula, un equipo de hackers profesionais desenvolverá este obradoiro, demostrando o sinxelo que é acceder á información privada e achegando ferramentas e hábitos adecuados para facer da nosa contorna dixital unha contorna segura. 

Entrevista a Eloy Moreno

O pasado día 15 de xaneiro, os alumn@s de 6º, puidemos falar e entrevistar ao autor do libro que leimos no primeiro trimestre, Eloy Moreno; autor de éxitos como "Invisible" ou "Tierra".

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos.

 

Visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campolameiro

Os  cursos de 3º e 4º de primaria acudimos o venres 27 de novembro  ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. Unha vez alí, fixemos una visita guiada polos petroglifos máis importantes. Aprendemos moito acerca do mundo simbólico oculto entre as rochas.

Ao finalizar a visita guiada vimos o poboado, o cal tiña unhas casas recreadas moi interesantes e logo merendamos e xogamos no laberinto. Era moi divertido!

Trala visita fixemos os obradoiros. O grupo de 3º realizamos o de “cerámica coas mans”; e o grupo de 4º, o de “tecido”. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut