Skip to Content

Saída polo río Gafos

Ola a todos!!!!

O pasado venres, 4 de xuño, o alumnado de primeiro e segundo fomos de excursión!!

Fixemos un cachiño do Camiño de Santiago, o tramo do río dos Gafos no seu paso por Tomeza e Pontevedra. O primeiro que fixemos foi visitar a pequeña capela de Sta Marta e despois encamiñámonos polo sendeiro do río. A verdade é que viñemos abraiados coa frondosa vexetación que atopamos; árbores tan altas que parecía que achegaban as súas testas para manter unha conversa nun intento por non deixarnos ver o ceo. Ás veces, deixaban entrar un raio de sol que nos permitía ver o fondo do río e, de cando en vez, algunha troita!!

O transcurso do Gafos é estreitiño pero super chulo, coas súas pequenas pontes de madeira e ata un muíño onde merendamos! Un pequeno carreiro pegado á beira do río permitíanos facer o percorrido andando, para alegría dalgúns pés lixeiros que facendo caso omiso dos avisos dos profes metéronse de cheo nas pozas de lama!!

Tamén vimos pasar  o tren dirección Vigo e algúns veciños do lugar sachando nos campos. Cando chegamos a Pontevedra fomos a remátalo día no parque de Campolongo, onde o pasamos moi ben.

Foi un día diferente, cheo de emocións e risas cos compañeiros que nunca esqueceremos.

Clica na foto.



page | by Dr. Radut