Skip to Content

XORNADA INTERCENTROS NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA. 3º E 4º E. PRIMARIA.

O martes 23 de abril o alumnado de 3º e 4º de primaria achegouse ao Pavillón Multiusos de A Xunqueira en Pontevedra para participar nunha xornada Intercentros.
Xunto co alumnado dos outros colexios da contorna practicaron rugby cinta, balonmán, baile, xogos tradicionais e RCP (reanimación cardiopulmonar).
Contamos coa colaboración do S.D. Teucro, a Escola de Enfermería, o Pontevedra Rugby Club, a escola de baile PonteBaile de Adrián Esperón, o alumnado do Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS), Supermercados Froiz e o Servizo Provincial de Deportes.

 



page | by Dr. Radut