Skip to Content

Blogues

Realidade Virtual no Nadal!

Xa se está acercando o Nadal! Os nen@s de 1º de EP coa profe Lucía pintaron unha árbore de Nadal e posteriormente puideron observarla en 3D grazas á aplicación Quiver. 

    

Experimentamos co ovo en 4º de EP

Os nen@s de 4º de Educación Primaria aplicaron o método científico na aula, observando e manipulando un alimento moi habitual, o ovo. Tras aplicar dito método, o alumnado descubriu dúas partes máis do ovo, a membrana protectora e unha cámara de aire.

 Mirade, mirade que ben o pasaron!

Navegando con Rumbo!!!

O día 19 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha charla informativa incluida dentro da acción Navega con Rumbo.

                     

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo é unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A súa intención é mentalizar ao alumnado da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

Mestres composteiros!!!

O día 5 de decembro, o alumnado puxo en marcha o composteiro dun xeito tanto especial, xa que foron eles mesmos os encargos de montalo grazas á axuda dun mestre composteiro.Agora solo queda compostar!!!!!

 

  

 

 

 

 

Galiñeando

O día 4 de decembro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria acudiron a Pontevedra para ver  a obra de teatro "A Galiña azul" inspirada no libro de Carlos Casares. 

Ao rematar, foron a ver a exposición do Café Moderno que viron os cursos restantes.

               

Non máis violencia de xénero!

O 26 de novembro celebrouse no colexio o Día Internacional contra a violencia de xénero.Entre as actividades que se levaron a cabo destacamos as seguintes:nubes de palabras con termos vinculados a esta tématica, representación do conto "Un biquiño á forza" (4º de Educación Primaria e Educación Infantil), creación de lazos coas pegadas de todo o alumnado do centro e a dramatización da canción "A porta violeta" de Rozalén. Ademais disto, pasouse a papel a canción anterior con debuxos do  alumnado representativos da mesma. 

 

De excursión polo cole de Xeve!

No mes de novembro. os nenos de Educación Infantil foron de excursión polo centro educativo. Nesta pequena viaxe viron as diversas instalacións do noso colexio. Mirade que contentos exercendo de directores e tamén de mestres de Audición e Linguaxe. Quizais nun futuro ocupen o posto das nosas profes Carmen e Alicia!

  

Un día con Brincabois!

O xoves 22 de novembro os alumn@s de 6º de EP realizamos unha saída ao monte próximo ao noso colexio para recoller diferentes especies de setas e cogomelos, coa importante axuda de Jaime (representante da asociación Brincabois) que nos foi orientando e informando das distintas especies que iamos recollendo polo camiño. Gozamos moito do día e recollemos moitas cestas de diferentes variedades que despois quedaron expostas na entrada interior do colexio para que todos as puideran  observar e apreciar. Para recordar esta actividade temos unhas fotiñas que ilustran marabillosamente esta lúdica xornada micolóxica. 

 

A Mochileta vai de paseo!

Mochileta, a curmá do noso bibliotecario Larapeto acaba de iniciar a súa viaxe polas casiñas dos nen@s de Educación Primaria. Mirade, mirade que cargadiña vai!.

  

   

"Fetén Fetén, o máxico planeta dos instrumentos insólitos"

O día 20 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de EP acudiu á sade de AFundación de Pontevedra a ver o concerto de "Fetén Fetén, o máxico planeta dos instrumentos insólitos". Con este concerto didáctico, os nenos emprenderon unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española, transmitíndolles valores como a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións empregando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música. 

Unha vez rematado o concerto os alumnos acudiron a ver a exposición "De la razón de Goya a los monstruos de Salvador Dalí" no Café Moderno. Alí os nen@s realizaron un obradoiro de gravados e participaron nun coloquio sobre estes pintores no cal mesmo tiveron  que cazar os monstros de Dalí.

 

   

Distribuir contido


by Dr. Radut