Skip to Content

Blogues

Revitalizate!

Ao longo do mes de marzo acudiron ao colexio uns representantes de Revitaliza para darnos uns talleres sobre a fauna existente dentro dos composteiros. En diferentes días, todos os cursos participamos (Educación Infantil e  Primaria). O obxectivo era atopar as distintas especies que habitan debaixo da terra que previamente recollemos do noso composteiro e colocamos nunhas cubetas.Os alumnos utilizaron uns palillos alongados , unha lupa de grande aumento e tamén un microscopio onde puideron  velos con detalle e buscalos tamén no cartel co seu nome científico. Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos que cada “bichiño” ten un labor moi importante para a vida no planeta.


Bichos

Joaquina García García

Ola familias! Para conmemorar o Día da Muller Traballadora cada curso preparou unha muller vinculada co mar como xa vos comentamos. Pois nos,  os nenos de 5 anos de Educación Infantil escollemos a Joaquina García García, a cal nos pareceu unha muller fantástica porque ela foi quen inventou o primeiro traxe de augas para que seu pai non chegará a casa sempre mollado.

Se non sodes capaz de entender algo, non dubidedes en preguntarnos, xa que somos todos uns expertos sobre a súa biografía.

Vinte anos de Revolución!

Esta ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumple vinte anos. Celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril no Pazo da Cultura e estará dedicado a revolución. Aquí vos deixamos o link do programa. No dubidedes en asistir e ver os nosos traballiños!!!!

   

VERBATECA

O 22 de febreiro, o alumnado de 2º participou nun obradoiro chamado Verbateca. Neste obradoiro os nenos e nenas competiron para conseguir palabras en galego para gardalas no seu tesouro, a súa propia Verbateca. Con este obradoiro o alumnado repasou palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, obxecto, natureza, ampliando o seu vocabulario.

 

Mario pensaba que o galego non servía para nada. El sabía inglés, francés, chinés...

O 21 de marzo, o alumnado de 4º da Educación Primaria, recibimos a visita dun contacontos que nos contou a historia de Mario mentres un ilustrador realizaba un mural vinculado co conto. Tras isto, realizouse unha rolda de prensa guiada polos autores, na que os rapaces interactuaron co conto e co debuxo. E para rematar, levouse a cabo un obradoiro de ilustración, no cal todos xuntos debuxaron cadanseu retrato de Mario, o protagonista deste gran conto.

Parabéns Paula!

Hoxe temos que dar os nosos parabéns a nosa alumna Paula de 2º da Educación de Primaria xa que foi a gañadora do concurso "O traballo dos bombeiros". Pronto gozaremos do agasallo asistindo a súa base en Pontevedra!

Gañando en saúde!

O día 18 de abril, un fisioterapeuta do SERGAS asistiu as aulas de 4º e 5º de Educación Primaria para  axudar a previr dores de costas no alumnado. A través desta visita pretendese inculcar nos nenos bos hábitos posturais co fin de evitar problemas de saúde máis graves no futuro.

Este fisioterapeuta dounos moitos consellos para gañar en saúde (colocación na cadeira, diminución da carga da mochila, posición para durmir...).

Esperamos o seu regreso!

8 de marzo. Mulleres de Sal.

O venres 8 de marzo para conmemorar o "Día da Muller Traballadora" investigamos en cada aula sobre diversas personalidades feministas de grande importancia ao longo da historia e hoxe en día. Ete ano os traballos foron dedicados a "Mulleres de Sal" (relacionadas ao mar en algún aspecto da súa vida). Aquí vos deixamos unha mostra deste traballo. 

  

Por outra parte, ese venres 8 realizamos un photocall e unha milla diferente colocando os traballos en paneis ao longo do percorrido.

 



Entroido Mariñeiro!

A última semana de febreiro celebramos no colexio o noso "Entroido mariñeiro". Primeiro, Larapeto dounos unhas pistas para pescudar o personaxe misterioso. Para conseguir pistas debiamos vir cada día da semana segundo as súas indicacións: o luns con algo nos pés, o martes unha prenda do revés... Así ao remate da semana averiguamos o personaxe: o peliquiero de Laza. O noso Larapetiño tamén se disfrazou de peliqueiro: que guapiño estaba!!! Nós tamén nos disfrazamos: os de Infantil de animais do mar (estrelas, peixes, polbiños, cangrexos, cabaliños de mar...), 1º e 2º de Primaria de Buzos, 3º e 4º de Piratas e 5º e 6º de mariñeiros. Todos xuntos fixemos un desfile dende as aulas ata o pavillón, onde nos esparaban as familias para desfrutar todos xuntos dos nosos bailes de Entroido. Ao rematar, regresamos ao cole para degustar as delicias culinarias que preparan as familias (filloas, orellas, biscoitos variados...) que nos gustaron moito...Moitas grazas a todas estas familias que tanto nos coidan!!! Por último, fixemos unhas fotiños co fillo do loro Ravachol que xunto con nós pon a nota de cor a este "Entroido mariñeiro".

 


CLUB CIENTÍFICO

Neste segundo trimestre, os nenos/as de 5º puxémonos mans a obra e comezamos a experimentar, converténdonos en auténticos científicos e científicas.

Para ir abrindo boca deixámosvos algúns vídeos titoriais e fotos dos experimentos realizados...Esperemos que vos gusten!!

Continuaremos experimentando...xa que nos encanta.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut