Skip to Content

Responder ó comentario

Entroido Mariñeiro!

A última semana de febreiro celebramos no colexio o noso "Entroido mariñeiro". Primeiro, Larapeto dounos unhas pistas para pescudar o personaxe misterioso. Para conseguir pistas debiamos vir cada día da semana segundo as súas indicacións: o luns con algo nos pés, o martes unha prenda do revés... Así ao remate da semana averiguamos o personaxe: o peliquiero de Laza. O noso Larapetiño tamén se disfrazou de peliqueiro: que guapiño estaba!!! Nós tamén nos disfrazamos: os de Infantil de animais do mar (estrelas, peixes, polbiños, cangrexos, cabaliños de mar...), 1º e 2º de Primaria de Buzos, 3º e 4º de Piratas e 5º e 6º de mariñeiros. Todos xuntos fixemos un desfile dende as aulas ata o pavillón, onde nos esparaban as familias para desfrutar todos xuntos dos nosos bailes de Entroido. Ao rematar, regresamos ao cole para degustar as delicias culinarias que preparan as familias (filloas, orellas, biscoitos variados...) que nos gustaron moito...Moitas grazas a todas estas familias que tanto nos coidan!!! Por último, fixemos unhas fotiños co fillo do loro Ravachol que xunto con nós pon a nota de cor a este "Entroido mariñeiro".

 


Responder



by Dr. Radut