Skip to Content

Blogues

QUEN SERÁ? BUSCAMOS O PERSONAXE DO ENTROIDO.

Sabes que é unha pelica? E as chocas? E para que serve a zamarra? Para averiguar todo isto e máis lanzamos 4 pistas ao longo da semana anterior ao carnaval...e o máis importante, adiviñar que personaxe do Entroido tradicional galego se agochaba detrás do xogo. Indeciso Xogas con nós?

 

MERCADO EVEX ENTROIDO

Coincidindo co Entroido no colexio, o venres 1 de marzo realizamos un mercado da cooperativa EVEX. Foi na biblioteca do centro, despois da degustación dos deliciosos doces que aportaron as familias. Alí colocamos os postos e vendemos os nosos produtos (pulseiras, cestos, imáns, marcapáxinas, xabóns...). 

Participaron as familias, o alumnado e os mestres e mestras. As vendas animáronnos a seguir coa fabricación artesá dos nosos produtos.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Vémonos na próxima!! ESPERÁMOSVOS!!!

 

 

XA TEMOS O CIF!!!

O día 26 de febreiro, os alumnos de 5º e 6º acudimos á Deputación de Pontevedra para recoller o CIF da nosa cooperativa EVEX.

Alí expuxemos ante o público presente o noso proxecto de cooperativa. Despois ensináronnos o salón de plenos e puidemos sentarnos arredor da enorme mesa de reunións.

Por fin, temos o CIF da nosa cooperativa. Estamos moi contentos!!

MULLERES EXTRAORDINARIAS

Para conmemorar o día da muller, o EDLG déixavos uns links con información en distintos eidos de mulleres galegas extraordinarias.  Preme nos títulos.

 

 

24 de Febreiro: Día de Rosalia de Castro. "Tuneando a Rosalia".

Con motivo da conmemoración  do día de Rosalía  os nenos e nenas do Sto. André de Xeve  decidimos celebralo tuneando unha das súas fotografías. Traballamos moito nesta actividade, dende os máis cativos, que hai que ver que retratos lle fixeron, ata os maiores que tamén nos esforzamos o noso. Homenaxeámola porque  Rosalía deulle prestixio ó galego cando o usou como lingua para “Cantares Galegos”, afianzando así o rexurdimento cultural da lingua galega.

Quen lle diría a Rosalía que algún día tantos rapaces e rapazas conmemorarían o 24 de febreiro para  lembrarse dela!

 Pareceríalle incrible, verdade ? 

Pois  agora, se vos parece ben, vexamos a nosa  exposición fotográfica e que a gocedes todos.  

                                                                      

 

 

 

Aquí vos mostramos os traballos de Educación Infantil e os seleccionados de Educación Primaria.

 

O sabor da aventura está no mar!

Dentro do Proxecto "Aliméntate Ben" está o denominado "O sabor da aventura está no mar", o cal nos levou a semana pasada a realizar unha saída mariñeira. A primeira parada o itinerario foi Poio, alí coñecemos o primeiro paso guiados polas mariscadoras, e vivimos con elas un día do seu traballo na recollida de moluscos bivalvos. Despois pasamos ao punto de control onde nos ensinaron unhas máquinas que seleccionan as ameixas por tamaños (clase A,B e C) e explicáronnos  a pesada dos colleitas para non exceder a cota. Logo fomos ao porto de Campelo onde aprendemos as partes dun barco, contemplamos o traballo dos mariñeir@s en terra, tales como a reparación das redes e presenciamos a chegada dun barco de pesca con productos frescos do mar (polbos, centolas, chocos, peixes lúa). Posteriormente, na visita a lonxa, puidemos simular unha poxa empregando os mandos destinados a tal fin. Por último, na casa do pobo de Campelo ofrecerennos un menú de degustación con pratos elaborados con peixes e mariscos que nos encantaron como podedes apreciar nas imaxes. Na despedida agasalláronnos cuns contos, carteis e adhesivos do evento. Foi unha experiencia increíble.

Despois desta saída viñeron ao cole dous dos representates do programa, para reforzar os contidos xa aprendidos a través das aventuras e xogos da "Panda dos Arroaces".

 

Froita na escola de Xeve!

Dentro do proxecto "Aliméntate Ben" tivemos no cole a semana da froita, dende o día 11 ao 22 de febreiro. Cada día lectivo repartiuse entre o alumnado unha peza dos diferentes froitos propios da tempada na que nos atopamos (pera, mazá, kiwi, mandarina, banana). Aínda que os gustos individuais son moi diversos, os nenos e nenas probaron e mesmo algúns repetiron as degustacións. No mes de maio volveremos retomar esta interesante cata. Aquí vos deixamos unhas fotos dos entusiasmados "froiteir@s".

 

Escola de Familias!

O 15 de xaneiro tivo lugar no centro o primero encontro da Escola de Familias, comezando cunha charla informativa  sobre como marcar as normas e os limites aos nenos/as. A poñente foi Carmen Loureiro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut