Skip to Content

O sabor da aventura está no mar!

Dentro do Proxecto "Aliméntate Ben" está o denominado "O sabor da aventura está no mar", o cal nos levou a semana pasada a realizar unha saída mariñeira. A primeira parada o itinerario foi Poio, alí coñecemos o primeiro paso guiados polas mariscadoras, e vivimos con elas un día do seu traballo na recollida de moluscos bivalvos. Despois pasamos ao punto de control onde nos ensinaron unhas máquinas que seleccionan as ameixas por tamaños (clase A,B e C) e explicáronnos  a pesada dos colleitas para non exceder a cota. Logo fomos ao porto de Campelo onde aprendemos as partes dun barco, contemplamos o traballo dos mariñeir@s en terra, tales como a reparación das redes e presenciamos a chegada dun barco de pesca con productos frescos do mar (polbos, centolas, chocos, peixes lúa). Posteriormente, na visita a lonxa, puidemos simular unha poxa empregando os mandos destinados a tal fin. Por último, na casa do pobo de Campelo ofrecerennos un menú de degustación con pratos elaborados con peixes e mariscos que nos encantaron como podedes apreciar nas imaxes. Na despedida agasalláronnos cuns contos, carteis e adhesivos do evento. Foi unha experiencia increíble.

Despois desta saída viñeron ao cole dous dos representates do programa, para reforzar os contidos xa aprendidos a través das aventuras e xogos da "Panda dos Arroaces".

 



blog | by Dr. Radut