Skip to Content

Blogues

"De los cuentos a las cuentas"

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha saída cultural a Pontevedra na que puidemos gozar dunha obra de teatro en AFundación titulada: "De los cuentos a las cuentas". Gustounos moito, xa que era adaptada á nosa idade e traballaba valores moi importantes como a igualdade de xénero. A continuación, no Café Moderno, participamos activamente nuns talleres divertidos nos que aprendemos a facer un gravado seguindo unha técnica xa utilizada polo gran pintor.Ademais, puidemos admirar parte da súa arte e das doutro grande, Dalí. 

 

        

 

             

 

REVITALIZATE!!!!

O día 5 de novembro celebrouse no centro unha charla informativa sobre a compostaxe a cargo dun dos responsables de REVITALIZA, programa que se levará a cabo no colexio durante este curso académico. 

A través deste programa da Deputación de Pontevedra preténdese achegar ao alumnado ao mundo da compostaxe con fin de reciclar a materia orgánica, aforrar en fertilizantes, contribuír a reducir a contaminación e mellorar a saúde da terra e das  plantas. 

               

               

Ah, acordádevos nen@s e ti tamén Larapeto da regra dos tres erres: 

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!!!

Boooooooooo!!!!!! O noso Larapeto case sofre un infarto de medo!!!

Boas!!!! A Larapeto case lle da un infarto estas semanas pasadas con tantas pantasmas, mortos, meigas, morcegos, ratos, arañas xigantes, vampiros sanguentos...Pobriño, todos estes seres habitaron a súa casa dun día para outro.Ante tal novidade, nas nosas aulas recibimos unha LARAPETADA TENEBROSA, é dicir, un programa para celebrar o SAMAÍN ou HALLOWEEN. Aquí tedes todos estes seres vivos e non tan vivos e o programa de Samaín que argallou o noso Larapetiño.



En canto ao  CONCURSO DE CABAZAS, Larapeto e os mestr@s do centro queremos darvos o agradacemento polas vosas fantásticas cabazas. Atoparedelas no video e a continuación, mostrámosvos das gañadoras.
 

SQUASH EN XEVE!

Os nenos/as de educación primaria ó longo do primeiro trimestre, tras investigar sobre o squah, practicaron este deporte no centro. Mirade que bos deportistas temos en Xeve!

        


       

CATA DE FROITOS DE OUTONO

Ao longo do primeiro trimestre, os nenos de Educación Infantil de cinco anos do cole, realizaron unha actividade relacionada cunha cata de froitos de outono. Consistiu en que todos os días un neno/a traía un froito típico desa estación (laranxa, mandarina, mazá, caqui, chirimoia, améndoa, piñóns...) para compartir cos compañeiros/as. Todos os probaron e, coa axuda da profe Luisa, fixeron un Power Point coas características e propiedades que máis lles chamaron a atención. Despois informaron aos nenos de 3 anos da actividade e por último fixeron unha brocheta con distintos froitos que cataron para rematar así a actividade, que lles gustou moito. Mirade as súas caras de felicidade!

Ah! Na festa tamén houbo baile, xa que cantaron e bailaron a cantiga dos froitos do grupo musical PICA-PICA. Pasárono moi, moi ben... de seguro repetirán.

 

Horario do centro

 

  • Horario Lectivo: Sesión única de mañá, de 8:45 a 13:45 horas
  • Titoría: Martes de 17:40 a 18:30 horas. Entrevista con mestres/as non titores:  solicitarase día e hora aos mestres correspondentes a través da axenda.
  • Dirección: Mércores e Xoves de 08:45 a 09:35.
  • Secretaría: Luns de 10:25 a 11:15 e venres de 08:45 a 09:35.
  • Xefatura de Estudos: Mércores de 12:55 a 13:45 e venres de 10:25 a 11:15.
  • Orientación: Luns de 08:45 a 09:35.
  • Servizo de comedor: de 13:45 a 16:15 horas, xestionado por a FANPA.

OS CINCO SENTIDOS

Os nenos  e nenas de 4º de EP fixeron no mes de setembro un pequeno proxecto sobre os cinco sentidos (tacto, olfacto, gusto, vista e oído). Tras rematar a investigación, sacaron a súa dote de mestres e explicáronlles aos nenos de Educación Infantil estos contidos dunha forma moi especial. Mirade que cariñas teñen os participantes!

 

LARAPETO PREGUNTÓN!

Larapeto xa fixo das súas outra vez. Esta mascotiña tan atrevida preparou un pequeno buzón co fin de que os nenos e nenas do centro responderan algunhas cuestións sobre as novidades da biblioteca do centro. Mirade que bos lectores ten o amigo Larapeto!

 



CHEGARON AS CORES DO OUTONO AS AULAS!

Chegou o outono e con el a caída das follas e a recollida das castañas. Mirade as mandalas que fixeron os nenos e nenas de 4º EP para decorar as aulas con follas das árbores e a recollida dos pequechos de EI das castañas para o noso señor Larapeto.

BENVIDOS ÁS LARAPETADAS!

Boas rapazada!

Xa estamos aquí de novo! Larapeto e os profes do cole queremos darvos a benvida ao novo curso 2018/19. Andade con ollo coas larapetadas da mascota da biblio, LARAPETO.

Distribuir contido


by Dr. Radut