Skip to Content

Blogues

RESULTADOS DAS PROBAS DE ATLETISMO NO CGTD

O día 4 de abril, os nenos e nenas de 5º acudiron ó Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) onde tamén asistiron outros colexios da provincia de Pontevedra para competir en diferentes probas de atletismo. 

Aínda que o importate foi a participación e o ben que o pasaron, temos que felicitar ós rapaces e rapazas de 5º polo ben que o fixeron.

PARABÉNS POR ESE 1º E 3º POSTO NA CLASIFICACIÓN FINAL!!!

Familias contadoras. "No lavar este oso!"

O día 12 de abril a mamá de Lucía de 4 anos veu ler cos pequechos unha historia divertidísima dun papá empeñado en lavar os peluches dos seus fillos. Este libro titúlase "No lavar este oso" de Sam Hay e Nick East da editorial Jaguar Ediciones. Grazas Montse por vir pasar un rato lector con nós! Volve pronto!

 

Visita ao Salón do Libro!

Por fin chegou o día! O 1  de abril fomos todos ao Salón do Libro. Coma sempre recibiunos Orbil coas súas bromas e abrazos. Despois empezou unha mañán moi divertida.

Os pequechos de Infantil e os de 1º e 2º de Primaria desfrutaron dos estupendos contacontos de Raquel e de María. Os maiores participaron en diferentes obradoiros: un de estampación como se foran editores de libros da Idade Media, outro de impresión 3D e un máis de composición de “poemas pictóricos” á maneira dos de René Magritte.

Ao rematar os obradoiros visitamos a exposición parando nos diferentes recunchos e espazos do Salón. E alí estaba o traballo do colexio co noso gran protagonista, o Faro acompañado dos proxectos realizados por cada clase sobre distintos aspectos da navegación e sobre os cambios que foron acontecendo nela ao longo da historia. Estaba chulííísimo!

Traballamos moito e ben nos merecemos a visita!

 

O MOSTRO DA ALEGRÍA!

Que importante é coñecer as nosas emocións! Neste trimestre as nenas e nenos de 4º e 5º de Infantil, a partir do conto "O monstro de cores" coñecimos ao "Monstro da alegría", co que aprendimos a recoñecer e expresar esta emoción. Todos tivemos a sorte de levalo ás nosas casas e compartir cas nenas e nenos da clase o que nos fai estar alegres.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

 

 

Conto do "Monstro de cores"

Familias contadoras. "Monstruo Rosa"!

Hoxe a nai de Breixo de 4º de E.P veunos a ler o conto “Monstruo Rosa” de Olga de Dios. A través deste conto traballamos o valor da diferenza, entendendo os nenos e nenas a diversidade como un elemento enriquecedor da nosa sociedade. Aquí vos deixamos o conto en formato dixital e tamén un instantánea que recolle este momento de lectura. Grazas Helena por pasar un rato lector con nós, volve pronto!

 

Visita de Pedro Mañas!

As nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e 5º de Primaria tivemos unha visita moi especial na Biblioteca! Pedro Mañas, o autor de contos tan divertidos como "Apestoso tío Muffin", "El sombrero fantabuloso" ou "Señor aburrimiento", fíxonos pasar un rato estupendo compartindo as súas aventuras dende ben pequeno ata agora. Tivemos a oportunidade de facerlle preguntas e ensirnarlle todas as creacións que fixemos inspirándonos na súa obra.

Animádevos e pasade pola Biblioteca para botarlle un ollo e disfrutar coa lectura dos libros de Pedro!

 

 



 

Visitamos Clesa cos nosos amigo do "Polo correo do vento"

Os nosos amigos Carlos e Quique recibironos encantados no mes de marzo e abril na fábrica de Clesa de Caldas (a única en España). Alí fomos os alumnos de Educación Infantil e 1º,2º,3º e 4º de Educación Primaria. O primeiro que nos ensinaron foi o exterior da fábrica e o seu almacén coas etiquetas que empregan para facer os iogures. A continuación, entramos no recinto onde nos contaron un conto e nos deron instrucións para facer a nosa vaquiña. E por último, degustamos uns saborosos iogures de bombón. Ummmmmmmmmmmmmm................!!!!

 



Taller práctico de hixiene postural!

O día 3 de abril recibimos a visita dun fisioterapeuta do SERGAS para continuar a nosa formación en hixiene postural. No taller, aprendemos a reducir o peso da nosa mochila, a colocala correctamente e a sentarnos de forma axeitada. Os coñecementos adquiridos servirannos para ter un futuro máis saudable!

 

Bon Appetit!

O día 27 de marzo, os alumnos de 3º e 4º foron a  AFundación (Pontevedra) para ver unha comedia en clave de humor  protagonizada por tres chefs moi simpáticos: Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignon e Fransuá da Berenxem que mostraron aos escolares os segredos da cociña galega, dende a inspiración da obra  na que Álvaro Cunqueiro fala da cociña galega, das materias primas que a nutren e do receitario empregado naqueles anos.

 

Ponlle as pilas ao teu bocata!

O día 26 de marzo viñeron ao cole os representantes do programa educativo "Ponlle as pilas ao teu bocata" para contarnos dun xeito lúdico todos os nutrientes que conteñen os produtos do mar. Para isto, empregaron gafas 3D coas que o alumnado puido ver en realidade aumentada o fondo dunha batea e o proceso de recollida destes produtos. A continuación, os nenos e nenas puideron facer uns riquísimos bocatas ao gusto de cada un.  Todos os ingredientes aportaron  omega 3, vitamina B12...é dicir, grande enerxía. 

 

Que ricos, ricos debían estar eses bocatas atendendo ás caras dos comensais!!!



Distribuir contido


by Dr. Radut