Skip to Content

Blogues

APRENDEMOS XOGANDO

Na nosa aula organizámonos en grupos de traballo colaborativo e levamos a cabo dinámicas cooperativas para traballar dun xeito máis lúdico e atractivo os contidos curriculares. 

Algunhas desas dinámicas son:

  • Lecturas compartidas para mellorar a comprensión lectora sobre temas de actualidade e interese do alumnado como "O Fortnite e as consecuencias do uso excesivo dos videoxogos".

 

  • Emprego do parchís, do xogo da oca, do bingo e do spiner para traballar as categorías gramaticais ( substantivos, adxectivos, verbos ...)

  • Reloxo das citas, técnica para repasar os contidos dados nas áreas das ciencias. Para poñelo en práctica, primeiro temos que citar a cada compañeiro/a  nunha hora que podiamos os dous. Logo, ímonos xuntando por horas de quedada e contestando a unha pregunta que a mestra pon no encerado dixital. Así mola repasar!!

  • Catálogos de compras, manexando os cartos, calculando porcentaxes, descontos e facendo presupostos para practicar para a nosa cooperativa á hora de vender os produtos.

O AMOR ESTÁ NO AIRE

Polo día da amizade e do amor, os nenos/as de 5º fixemos un "apócema do amor"  e decoramos o "buzón de San Valentín" co obxecto de mandarnos cartas entre as distintas clases para festexar o día.

 

TRASKI, O NOVO AMIGO DE LARAPETO

Co gallo do proxecto anual "Revolucionando o mar" e o proxecto "a milla diaria" que este ano está vinculada co "camiño dos faros", os nenos e nenas de 5º fixemos con foami a mascota da páxina web do camiños dos faros . A ver que vos parece como quedou...

 

XOGOS DE MESA NO RECREO E O BOP IT!

Cando as condicións meteorolóxicas nos impide xogar no patio, na aula de 5º temos xogos de mesa variados entre eles (o xadrez, xogo de balocensto coa man, bolos, puzles, dominó, damas, twister,  debuxo no EDI co programa autodraw ...

FOTOMATÓN POLO SAMAÍN

Polo Samaín as distintas clases decoramos as portas das aulas, redactamos relatos de medo como vistes en publicacións anteriores e os nenos e nenas de 5º creamos un fotomatón para conmemorar o día. 

A ver que vos parece como quedou...

LER PARA OS DEMAIS

Durante todo o curso no tempo de ler, imos practicar a lectura cara os demais a través de lecturas compartidas, contacontos e lecturas ao aire libre.

Aquí tendes algunhas fotos do comezo do curso. A ver se o tempo nos deixa repetir!!

Ler para os demais

Durante todo o curso no tempo de ler, imos practicar a lectura cara os demais a través de lecturas compartidas, contacontos e lecturas o aire libre.

Aquí tendes algunhas fotos do comezo do curso. A ver se o tempos nos deixa repetir!!

8 de marzo.

Mañán é un día grande. Larapeto e Ravachol xuntos pola igualdade!

 

Orbil visitou o cole!

Sabedes quen estivo na Biblio o 26 de febreiro? Orbil, a mascota do Salón do Libro. Veunos dar un abrazote lector e a animarnos co proxecto que estamos facendo para levar ao Salón en marzo. Risa Foi estupendo!  Mirade, mirade!

ADIVIÑACHES? POIS CLARO...O PELIQUEIRO DE LAZA.

Noraboa!!!Risa   E para saber máis...

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut