Actividades globais
Xaque ao virus
Dende o luns 23 de marzo, lévase a cabo a proposta de ocio on-line «Xaque ao virus» que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAS.
1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.
Fútbol sala feminino
Nos anos oitenta do pasado século, cando o novo edificio do CEIP Sal Lence levaba pouco tempo funcionando, nacía no seu pato,da man de Víctor Sieiro, un equipo feminino de futbol sala que chegaría a gañar o campionato de España.
Unha parte dese equipo, Sonia, Nieves, Jackie, María, Montse, Carmela e Silvia, visitounos o 20 de decembro de 2019 para ELAS recordar a súa mocidade e NÓS aprender e disfrutar da súa experiencia.
Agora veñen de publicar a experiencia da visita na revista deportiva "as nosas".
Gracias por facer grande o nome do noso colexio.
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O pasado luns, 25 de novembro, celebramos esta data destacada participando dunha pequena obra de teatro "Pepuca perdeu o sorriso" e un obradoiro sobre o tema adaptados aos distintos niveis educativos, para, finalmente, realizar entre todos un lazo xigante, que nos axude a non esquecer o que implica esta celebración.
Certame Literario Emilia García Barreiro
O CEIP Sal Lence foi invitado ao VII Certame Literario Emilia García Barreiro organizado polo CEIP Anxo da Garda.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP Sal Lence participou nesta convocatoria resultando premiados :
Noa Liñares Rodríguez
Iván Villar Amado
Samaín 2018
Un curso máis chega o outono coas súas datas destacadas.
O Día de Tódolos Santos e o Día de Defuntos son das primeiras e, asociadas a elas, non podía faltar a exposición de cabazas, na que o alumnado e as familias amosan a súa creatividade con traballos de todo tipo, dende as clásicas cabazas terroríficas ata as máis hippis ou galácticas, pasando polas que amosan a anatomía dos defuntos. Se queres ver unha mostra desa creatividade, pica na imaxe inferior, que te levará á "Galería multimedia".
Samaín 2017
Un ano máis celebrouse esta festa, na que todos os participantes, e as familias, amosan unha grande creatividade e inxenio, tallando cabazas terroríficas, simpáticas, cariñosas, tenras, imaxinativas, ..., que foron expostas para deleite de toda a comunidade.
Coma sempre, rematouse a visita á exposición cunha viaxe polo "Túnel do terror". Todos conseguiron cruzalo con éxito.
Como é habitual, o alumnado de 6º de Educación Primaria colaborou na organización da visita á exposición e na animación e efectos especiais do "Túnel do terro."
Podes ver unha mostra da xornada premendo en SAMAÍN.
Entroido 2016
Este ano a celebración do entroido no colexio tivo como eixe as películas e os seus personaxes. Deste xeito tivemos a Pocoyó e os seus amigos, o ratiño Mickey, Bob Esponxa, Charlots, Indios, Piratas, E.Ts., Forzas Imperiais de Stars Wars, Raperos e as emocións de "Del Revés". Pasámolo moi ben.
Podedes ver un resumo nas fotos que están na Galería do Colexio ou tamén picando nesta foto:
Día da Paz 2016
O pasado día 29 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz.
Este ano tomamos como referencia o proxecto "Paraguas por la Paz" promovido polo artista estadounidense Matt Lamb.
Cada clase decorou un paraugas para celebrar este día. O resultado o tedes nas fotos da Galería do Centro ou ben picando na seguinte imaxe:
Letras galegas 2015
Xa chegou o mes de maio e con el o momento de recordar e recoñecer o traballo altruista, continuo e silencioso dos labregos da nosa lingua.
Por caer en domingo o 17, o día dos “Cantares galegos”, foi o venres 15 cando fixemos a nosa particular lembranza desta data.
Houbo un baile do alumnado de 4º de Primaria, unha canción có pandeiro a cargo de Sara Barreiro do mesmo curso, lectura de poesías do alumnado de Primaria e entrega de premios, un baile do alumnado de 6º de Primaria e, para remate, participación de todo o alumnado nos xogos populares que se organizaron para a ocasión e que estiveron dirixidos polo alumnado de 5º de Primaria.
Poemas gañadores en versión orixinal
Día da Paz 2015
Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Cada 21 de septiembre celébrase o Día Internacional da Paz. Foi establecido en 1981 pola resolución 36/67 da Asamblea Xeral de Nacións Unidas.
O pasado venres 30 de xaneiro, có apoio da ANPA, como é habitual, realizouse unha recollida de alimentos e de roupa e calzado para colaborar có Banco de alimentos e con unha ONG de apoio á Africa, ademáis das actividades de aula destinadas a recordar a importancia dos principios de tolerancia, solidariedade e respecto polos Dereitos Humanos.