Actividades globais
Xaque ao virus
Dende o luns 23 de marzo, lévase a cabo a proposta de ocio on-line «Xaque ao virus» que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAS.
1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O pasado luns, 25 de novembro, celebramos esta data destacada participando dunha pequena obra de teatro "Pepuca perdeu o sorriso" e un obradoiro sobre o tema adaptados aos distintos niveis educativos, para, finalmente, realizar entre todos un lazo xigante, que nos axude a non esquecer o que implica esta celebración.
Certame Literario Emilia García Barreiro
O CEIP Sal Lence foi invitado ao VII Certame Literario Emilia García Barreiro organizado polo CEIP Anxo da Garda.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP Sal Lence participou nesta convocatoria resultando premiados :
Noa Liñares Rodríguez
Iván Villar Amado
