1º Primaria

Reunión de titoría

Bo día! Lembramos que hoxe ás 17.00 teremos a reunión de titoría de 1.º. Para entrar ao centro, farémolo pola entrada principal da Avda. de Oza. Recordade que só pode asistir unha persoa por nena/o. Grazas!

AVISO IMPORTANTE

Ola, familias! Antes de enviar os libros á aula, é importante que anotedes os códigos que vos aparecen nas contraportadas de cada un, xa que sen eles non poderedes acceder aos libros dixitais. 

Por outra banda, para aqueles libros divididos por trimestres, lembrade non eviar os tres, senón só o do primeiro trimestre, xa que polo tema do COVID os espazos cos que contamos para almacenaxe na aula son moi reducidos.

Nada máis, graciñas pola vosa colaboración e vémonos mañá no portalón de entrada da Rúa Boavista. Lembrade que o noso horario é de 8.55 a 13.50 e que é moi importante ser puntual.

Saúdos! Angie

NOTA INFORMATIVA INICIO DE CURSO ALUMNADO DE 1.º DE PRIMARIA

 

Bo día! Ante a imposibilidade de levar a cabo as reunións de inicio de curso coas familias de maneira presencial, de seguido recollemos información e normas para o desenvolvemento dos primeiros días do curso 2020/2021.

 

ENTRADAS E SAÍDAS

 

- Tanto as entradas como as saídas realizaranse pola parte esquerda do portalón da Rúa Boavista. É moi importante respectar os horarios para evitar aglomeracións. En ningún caso, os acompañantes do alumnado poderán acceder ao centro, serán os titores os que os acompañen ata as aulas. No caso de chegar tarde, se o portalón estivese pechado, haberá que entrar pola porta principal do centro (Avda. De Oza).

 

 

ENTRADAS

SAÍDAS

1.º E.P.

8.55

13.50

Zona esquerda da porta da Rúa Boavista

 


NORMAS PARA O ALUMNADO

 

- Todo o alumnado deberá acceder ao centro con tapabocas e mantelo posto en todo momento. O seu uso na aula será tamén obrigatorio, salvo para comer, beber e circunstancias similares.

 

- Sempre que o alumnado se desprace fóra da súa aula ordinaria (grupo de convivencia estable) deberá respectar a distancia mínima de seguridade (1.5 metros).

 

- En ningún caso, o alumnado poderá manipular ou tocar pasamáns, ventás, pomos das portas, interruptores da luz e outro mobiliario do centro, agás a súa silla e mesa, que serán asignadas para o seu uso persoal.

 

- O alumnado deberá traer na mochila todos os días un tapabocas de reposto co seu correspondente garda-tapabocas, así como unha botella pequena con solución hidroalcólica.

 

- Debido a que nas aulas non se permitirá o uso do habitual rollo de papel hixiénico, todo o alumnado deberá traer a diario un paquete de panos de papel desbotables (tipo Kleenex) e unha botella de auga para o seu uso persoal.

 

- Para o uso dos baños, só poderán acceder a eles nun horario determinado (antes, durante e despois do recreo) e de un en un.

 

- A desinfección de mans (coa súa propia solución hidroalcólica) levarase a cabo sempre que se acceda á aula ou se saia de ela, así como antes e despois da merenda, ou sempre que as circunstancias o requiran.

 

- Para o tempo de recreo (de 10.55 a 11.25 horas), o alumnado terá asignada unha zona de xogo onde deberán respectarse as mesmas normas de seguridade (uso de tapabocas e distancia de seguridade). Dito recreo, levarase a cabo en diferentes horarios para evitar o contacto con outros grupos.

 

- As merendas terán lugar dentro da aula nos propios pupitres do alumnado no horario asignado para tal fin (despois do recreo). Unha vez finalizada, poderán ler un libro (tanto persoal como da biblioteca da aula).

 

 

TITORÍAS

 

As reunións de titoría levaranse a cabo, de maneira xeral, a través do teléfono, sempre previa solicitude á titora a través da aplicación ABALARmóbil. O horario establecido para tal fin será os luns de 16 a 17 horas.

 

 

 

MATERIAL PRIMEIRO DÍA

 

O primeiro día, todo o alumnado deberá traer á escola o seguinte material. Ese mesmo día se lles proporcionará o listado co material necesario para o curso (que deberán traer na maior brevidade posible).

 

- Tapabocas de reposto dentro do seu gardatapabocas.

 

- Botella pequena de xel hidroalcólico.

 

- Paquete de panos desbotables (Kleenex).

 

- Botella de auga.

 

- Merenda.

 

- Lápis, goma e algunha cera dentro dun estoxo (do curso pasado).

 

 

AVISOS COVID-19 AO CENTRO

 

É responsabilidade dos titores legais do alumnado a toma da súa temperatura cada mañán. O alumnado, baixo ningún concepto, acudirá á escola se manifesta algún síntoma compatible co COVID-19 (febre, malestar, tos, dor de cabeza...). Ante calquera incidencia, dúbida ou aviso relacionada co virus, tanto do alumnado como do seu grupo de convivencia habitual (síntomas, probas positivas, corentena,...) deberá ser comunicada na maior brevidade posible ao teléfono do centro: 881880822.

 

 

Un saúdo,

Ángela.

 

 

Distribuir contido