Unha escola para convivir, ser, estar e aprender.

Samaín 2023

Samaín 2023

 

 

 

Esta semana celebramos no colexio o Samaín. As cabazas decoraron as escaleiras de subida ás aulas, algún pasillo e as estanterías da Biblioteca. Se picades na foto iredes á Galería de Imaxes para poder ver a Exposición de Cabazas.

Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.

Grazas a todas as familias que participáchedes nesta actividade.

 

 

 

ANPA:Presupostos participativos

A ANPA invítanos a participar nos presupostos participativos do Concello (arranxo dos baños). Premendo no seguinte enlace: https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/7/investments/4704

Samaín 2023: Exposición de cabazas.

Samaín 2023

 

 

O vindeiro luns 30 de outubro comezará a exposición de cabazas do "Samaín 2023".

Podedes descargar o díptico con toda a información picando na imaxe da esquerda. Se o imprimes poderás colorear as imaxes incluídas.

Animádevos a participar! seguro que vos sairá unha cabaza de medo!

 

 

Nota: as cabazas deberán retirarse ao remate da mañá do martes 31 de outubro.

 

 

Reunións coas familias Educación Primaria

O luns 18 de setembro celebraranse as reunións das titoras e titores de Educación Primaria coas familias. Na seguinte táboa  figuran os horarios e o lugar de celebración:

 

Reunións coas familias Educación Infantil

O venres 8 de setembro celebraranse as reunións das titoras de Educación Infantil coas familias, no seguinte horario:

- 10:00h 6º de Ed. Infantil (5 anos), aula número 3.

- 11:00h 5º de Ed. Infantil (4 anos), aula número 4.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2023/2024

No DOG do venres 19 de maio publícase a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o vindeiro curso.

Libros de Texto. Curso 2023-2024

 

Xornada de portas abertas

O novo alumnado de Ed. Infantil 3 anos será recibido coa súa familia, na súa aula, o martes 27 de xuño ás 11 horas. Esperámosvos!!

Formalización da matrícula para o curso 2023/24

As familias do alumnado admitido no centro formalizarán a súa inscrición na Secretaría»

Distribuir contido