COVID-19: INFORMACIÓN IMPORTANTE
Ante os cambios recentes nos protocolos a aplicar en relación á pandemia da COVID-19 compre trasladar ás familias a seguinte información:
Para dar de alta un positivo
A familia dará parte a través de tres vías:
- Centro de saúde ou ben
- Cubrindo o formulario na páxina: coronavirus.sergas.gal ou
- Chamando ao teléfono 881540045
Recomendacións do Ministerio de Sanidade e Ministerio de Educación e Formación Profesional.
PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA SECUNDARIA
O prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no centro adscrito IES Monte das Moas, será dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro n»
Días non lectivos concedidos pola Inspección Educativa
A Inspección Educativa resolveu conceder os dous días non lectivos solicitados polo Consello Escolar.
Podedes descargar o Calendario Escolar vixente para este curso 21/22 dende o seguinte enlace:
Calendario Escolar 21/22 (en PDF)
Samaín 2021
Esta semana celebramos no colexio o Samaín. Decoramos as portas das aulas e tivemos a exposición de cabazas no patio de columnas. Foi todo un éxito! case non cabían nos expositores... pero mellor botade unha ollada! se picades na foto iredes á Galería de Imaxes con case setenta fotos de meeeeeeedo! Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.
Grazas a todas as familias por participar.
Eliminación do reforzo de limpeza pola situación COVID-19.
Informamos da eliminación do reforzo de limpeza COVID dende o día 27/09/2021.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »