Xornada de portas abertas
O martes 19 de xuño de 2018, aniversario do falecemento de Jerónimo Sal Lence, celebrouse unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a súa figura.
Foi o remate a tres anos de investigacións do profesorado, que contou coa colaboración do CFR de A Coruña, e o traballo desenrolado nas aulas có alumnado nos dous últimos cursos.
A este acto asistiron o Inspector Xefe de zona, o Director do CFR de A Coruña e a asesora que coordinou o Proxecto de Formación Permanente do Profesorado "Investigando a Sal lence", familiares de Jerónimo Sal Lence, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, antigo profesorado, antigo alumnado, veciños do barrio e familias do alumnado.
O acto foi recollido polo xornal La Opinión. E incluíu unha entrevista a un antigo alumno que no ano 1938, xunto cós seus compañeiros, se trasladara desde a escola que había en Casablanca, aos edificios doados por Jerónimo Sal Lence, que serían inaugurados o 17 de setembro de 1940.
Tamén Radio Intereconomía conectou en directo có centro o mesmo día 19 para divulgar os actos que se estaban a celebrar.
O día 18 o programa Voces de A Coruña da emisora RadioVoz emitíu en directo unha entrevista sobre a Xornada. Ao final desta páxina tes o enlace para escoitalo.
Vista xeral da exposición. |
Conferencia "Radiodifusión e autonomía". |
Discurso orixinal de Sal Lence o 17-9-1940 | Imaxes dos edificios da Fundación e das consultas. |
Imaxes da consulta e sala de espera. |
Fotos de familia |
O edificio no barrio | Bibliografía e xenealoxía |
Bibliografía | Bibliografía |
Artigos de prensa | Artigos de prensa |
Artigos de prensa | Artigos de prensa |
Portátiles có audio do discurso inaugural |
Proxección de imaxes da casa familiar e de Castroverde |
Solicitude para construir o edificio e planos | Expediente militar e Rexistros Civis |
Sal Lence lendo o seu discurso de inauguración (ficción) | A periodista Nieves Navarro "Loló" (ficción) |
Alumnado escoitando o discurso inaugural. | Camilo Gómez, alumno da 1ª promoción |
Invitados escoitando o discurso. | Entrega de agasallos. |
Visita á exposición guiados polo alumnado de 5º | Recibimento á familia |
Invitados compartindo a experiencia. | Explicacións do alumnado á familia. |
Familia escoitando os audios. | Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde |
Foto de familia O colectivo actual do CEIP Sal Lence xunto con: antigo alumnado antigo profesorado familiares de Sal Lence Asociación de Amigos do Patrimionio de Castroverde e visitantes |
O monitor de Judo |
Antigo profesorado | Antigo profesorado |
Visitando a exposición | Comentando a exposición |
Asistentes compartindo experiencias | Antonio e Eladio, antigos alumnos |
Antonio, antigo alumno, e o primeiro localizado. | Eladio, antigo alumno e mestre. |
Antonio e Eladio, xunto con Jesús, que non puido asistir, foron os primeiros que nos contaron as súas vivencias. |
O pasado mes de maio o xornal lucense El Progreso daba a coñecer esta investigación cun artigo "Un ilustre Castroverdense esquecido". Posteriormente recollía a noticia da visita de varios docentes á casa familiar de Sal Lence acompañados pola Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde.