Día da Paz 2015

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Cada 21 de septiembre celébrase o Día Internacional da Paz. Foi establecido en 1981 pola resolución 36/67 da Asamblea Xeral de Nacións Unidas.

O pasado venres 30 de xaneiro, có apoio da ANPA, como é habitual, realizouse unha recollida de alimentos e de roupa e calzado para colaborar có Banco de alimentos e con unha ONG de apoio á Africa, ademáis das actividades de aula destinadas a recordar a importancia dos principios de tolerancia, solidariedade e respecto polos Dereitos Humanos.