Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado luns, 25 de novembro, celebramos esta data destacada participando dunha pequena obra de teatro "Pepuca perdeu o sorriso" e un obradoiro sobre o tema adaptados aos distintos niveis educativos, para, finalmente, realizar entre todos un lazo xigante, que nos axude a non esquecer o que implica esta celebración.