Skip to Content

Actividades

O MAGOSTO

O 15 de novembro celebramos no noso colexio a festa do magosto, durante o recreo, como tódolos anos, Merchi asou as castañas e despois fomos por cursos a metelas nos nosos cartóns de leite reciclados e algúns decorados polas familias, e sentámonos a degustalas.

UN DÍA DE MEDO!

Comezamos a semana cunha exposición de cabazas, á que se presentaron 88 cabazas (dos 145 alumnos que temos matriculados) e o mércores pasámolo "de medo".

En 2 turnos, EI e o 1º ciclo de Primaria primeiro, e o alumnado de 3º a 6º, despois, tivemos a sorte de poder escoitar a Robin, o auxiliar de conversa, que nos contou a historia de  apoiada en imaxes en inglés.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2013

Que fermosas son estas cabazas! Seguro que ós celtas lles gustarían moito. Mirade unha mostra.

Merchi axúdanos a reciclar e prantar

Este ano a través do proxecto de VOZ NATURA estamos aprendendo a reciclar, e participaremos nun concurso de macetas . Merchi axúdanos a decoralas con fermosas prantas

SEGUNDA EXPOSICIÓN " OUTONO FOTOGRÁFICO"

Todos os nenos e nenas do colexio, con axuda dos seus familiares ,fixeron uns traballos moi fermosos sobre o outono ,que poderedes visitar  a partires de próxima semana na hora da entrada ou o martes pola tarde, Déixovos algunha mostra dos máis pequenos.

Guardar

FACEMOS VINO MOSTO

Os alumnos de 2º de primaria,  dentro do noso traballo sobre a vendima, fixemos viño mosto e aprendemos unha das fases mais importantes do proceso de facer viño: o estrujado e prensado da uva. Tamén aprendimos cales son as variedades de uva que mais se cultivan na zona: albariño, tinto barrantes, catalán,..., e nos demos conta do importantes que son as levaduras como substancias imprescindibles nos procesos de fermantación. 

A VENDIMA

Como xa sabedes este ano o tema proposto dende a biblioteca é "As festas e tradicións de Galicia".

A primeira que nos atopamos no calendario é a vendima, e para achegarnos a ela fixemos mosto.

Distribuir contido


by Dr. Radut