Skip to Content

Nancy Wake

Actividades da promoción 2014

A ÁRBORE DA LINGUA

Ola amig@s!

Como sabedes, na entrada do colexio a nosa mascota Sabela ten colocado un taboeiro onde nos ensina novos conceptos e contidos en galego, neste caso, sobre os oficios do mar, as partes do peixe, os tipos de pesca,etc.

Cada mes irá poñendo cousiñas novas do noso interese.

Esperamos que sexa útil!

FACEMOS SUMAS NO EDI (ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO)

Unha vez adquirida a capacidade de asociar cantidades a un número concreto e tamén a capacidade de representar as sumas e restas nós sós nun folio, pasamos a realizalas no EDI!

PARTES DUN BARCO BATEEIRO

Boas amig@s!

Durante estre trimestres xa sabedes que estamos traballando as diversas profesións que existen entorno ó mar.

Pois ben, unha das que estamos traballando é a de bateeira/o.

O noso traballo comezou polas noticias da "toxina", como vos explicamos anteriormente. Pero non nos esquecemos dunha das ferramentas máis importantes que teñen as bateeiras/os: O BARCO!

Aquí vos deixamos algunhas das partes que traballamos nós na aula.

Esperamos que vos sexa de gran utilidade!

Tamén dispoñedes desta mesma información no tablón "Un mar de palabras" do EDLG situado na entrada principal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut