Skip to Content

O mar de Sabela

Actividades do PDI

Maqueta Cantarela 2016

Como cada outono participamos na elaboración dunha maqueta para a exposición que organiza a Asociación Micolóxica Cantarela.

Este ano, non podía ser doutro modo, tiñamos que facer a Illa de Cortegada e as súas variedades autóctonas de cogomelos.

Todo o cole participou dun modo ou outro na elaboración da maqueta.

Este ano ata conseguimos que os faros teñan luces!

Foi un traballo duro pero pensamos que vale a pena, non si? Que pensades?

 

Guardar

Samaín 2016

Como cada ano o cole encheuse de cabazas para conmemorar o Samaín.

Incrible o enxeño que teñen as familias para deseñar cabazas terroríficas dentro do PDI: O mar de Sabela

Moitas grazas a todas as familias pola implicación con que participades en todos os proxectos do cole.

Despois de pasar polo túnel do terror, onde máis de un/unha a pesares de facerse o valente levou máis dun susto, escoitamos historias arrepiantes, lemos os nosos propios relatos de terror e saboreamos unha apócema noxenta.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Entrevista

Dentro de "Un mar de mulleres" a nosa clase elixiu entrevistar a unha peixeira da Praza de Vilagarcía.

Aquí está a nosa entrevista a María, graciñas pola colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut