O noso proxecto
Hai xa varios anos que no noso centro, temos claro que a saúde é un tema prioritario á hora de fomentar hábitos durante a etapa escolar. Proba diso é que xa levamos tempo participando en distintos programas que parten da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dentro do Plan "Galicia Saudable", por exemplo, o programa "Xogade" . Ademais promóvense recreos activos, fomentamos a práctica da actividade física fóra do horario escolar, etc.
Aos poucos, a área de Educación Física foise convertendo nun elemento vertebrador da maioría das actividades do centro que gardan relación directa coa saúde, pero a realidade escolar marcábanos que sería moito máis significativo e enriquecedor para o noso alumnado, fomentar a aprendizaxe da saúde dun modo máis integral e interdisciplinar. Por iso, cada paso que damos vai nesa dirección. Temos claro que é imprescindible fomentar a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización dos alumnos/as.
OBXECTIVOS DO PROXECTO "PONTE AS PILAS E MÓVETE!"
1. Fomentar unha vida activa, saudable e autónoma.
2. Promocionar a práctica diaria de deporte e exercicio físico.
3. Promover a saúde, a condición física e o benestar.
4. Valorar a hixiene e a saúde do seu propio corpo, así como a conservación da natureza e o medio.
5. Aceptar o propio corpo e o dos demais.
6. Respectar as diferenzas existentes entre as distintas persoas.
7. Utilizar a ed. física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
8. Asegurar que todo o alumnado poida ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas, sen que exista ningún tipo de discriminación.
9. Impulsar a función integradora e de cohesión social do deporte.
10. Manter ou mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
11. Potenciar o xogo limpo, o compañeirismo e a deportividade.
12. Reflexionar sobre os valores que transmite o deporte actual: positivos e negativos.
13. Animar ao noso alumnado para que investigue, reflexione e cre as súas propias opinións.
14. Coñecer as características fundamentais do seu medio físico, social, cultural e deportivo, e as posibilidades de acción nel.
15. Implicar á comunidade educativa e á contorna.
16. Posibilitar que os nenos e nenas se divirtan realizando actividade física.
Para poder ver con máis detalle o desenvolvemento do proxecto, aconsellamos a visita ao
noso Blog de Educación Física "Xogando en Rubiáns".
Comentarios
Enviar un comentario novo