Skip to Content

Charla ANFACO

Hoxe visitounos Marina López da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado (ANFACO) e contounos moitas cousas sobre as conservas.

Explicounos que dende moi antigo existen diferentes formas de conservar os alimentos: en lugares secos e escuros, somerxíndoos en diferentes substancias (arxila, mel, aceite, viño, vinagre, graxa) e tamén o salgado e secado de carnes e peixes. Conservar os alimentos sempre foi unha aspiración do ser humano.

A técnica máis importante de conservación na nosa zona foi a salga da sardiña que xa se facía no mundo castrexo!!!

O crecemento deste sector en Galicia, e sobre todo nas Rías Baixas foi espectacular, situándose como o primeiro sector industrial de Galicia e no que a base obreira son e sempre foron as mulleres.

Así que aprendemos un montón sobre as conservas: como xurdiron, a súa evolución, as súas propiedades...

Non pensabamos que houbera todo un mundo por descubrir detrás dunhas latas!

Moitas grazas pola túa visita Marina, un pracer!

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut