Skip to Content

FITOPLANCTON E TOXINA

Despois de ver no xornal e na tv que os bancos de bateas da Ría de Arousa estaban cerradas pola toxina, decidimos investigar no EDi o que era a toxina do mexillón. Buscamos información e vimos que o mexillón se alimenta do fitoplancton que hai na auga e que este só se pode ver a través dun microoscopio nos laboratorios da Consellería de Pesca.

Falamos e vimos imaxes de todo isto, e despois de facer algunha actividade impresa, decidimos representar o noso propio fitoplancton pintando un folio con témpera verde coa axuda de pedras. Logo, fixemos as distintas formas (círculos, cadrados e rectángulos) con papel transparente para representar mellor a primeira imaxe do fitoplancton.

 

 

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut