Skip to Content

MURAL "O PORTO"

A semana pasada rematamos o noso mural "O PORTO", xa que diariamente, despois de facer as nosas tarefas, dedicámonos a debuxar, pintar e decorar o mural.

Agora mesmo está exposto na entrada da Biblioteca e da aula da ANPA para todos aqueles que queiran observar as partes dun porto, o tipo de embarcacións e outros aparellos que podemos atopar no mesmo.

Esperamos que vos guste e que vos sexa de gran interese!

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut