Skip to Content

Momentos especiais do curso 2019/2020

Esta é a última entrada que podemos compartir con vós

 

Tocounos vivir unha situación única

 

Pero... Ainda que tivemos que quedar na casa, e despedirnos de forma extraña, non esquezamos os grandes momentos que fixeron especial este curso

 


Eses xoves e venres que tivemos a ocasión de aprender a cociñar coa Profe Siña

 

 


As creacións tan orixinais que facíades nos recunchos de xogo, e como traballábades en equipo para conseguilos

 

Ou como, sen dicirvos nada, un día os encargados/as de material empezáchedes a gardar os contos en traballo cooperativo. E como, a raíz dese momento, todos os demais fixeron o mesmo

 

Todos estes, foron momentos espontáneos, momentos únicos que tivemos a ocasión de fotografiar

Seguro que quedaron moitos por pasar...

 

Pero o próximo curso, teredes a ocasión de seguir vivindo momentos tan especiais

 

CONTA ATRÁS

PARA COMEZAR

O CURSO ESCOLAR

...

2020/2021

 

 

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut