Festival de fin de curso!
Como cada ano pechamos o curso cun festival moi alegre cheo de música e ledicia.
Non podía faltar na cita actual o Telexornal (publicado xa na web). Resumo, da man do alumnado de 6º, de todo o acontecido no cole durante o curso e que fai rir a grandes e pequenos.
Outro clásico do noso festival é a presentación do noso video clip musical, nesta ocasión "Contigo" unha canción coa que damos conta de todo o marabilloso que ten a nosa terra.
E despois de moitas actuacións musicais e ata unha obra de teatro moi divertida, pasamos ás despedidas; Os de 5 anos din adeus á súa etapa de infantil e despois o máis triste do ano: a despedida do alumnado de 6º e dos profes que xa non estarán con nós no vindeiro curso.
Podedes ver unhas imaxes de todo o acontecido no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste e Felices Vacacións!!
Comentarios
Enviar un comentario novo