Skip to Content

Maios 2019

Como cada ano, traballamos arreo para facer os maios e ensaiar as coplas para cantar o día 1 en Vilagarcía.

Recollemos flores, fiuncho, margaridas, cocos, ovos, paus, xestas, follas de camelio... que adornarán os nosos preciosos maios. Pintamos os ovos, facemos colares de margaridas..... Moito traballamos!!!

Presentamos o cono tradicional, o horreo, a barca, a caixa e unha nova cruz. A que quedaron preciosos?

Dende o cole queremos agradecer a paticipación das familias, tanto na aportación de flores e outros materiais coma ás que se achegaron para decorar as estruturas, que este ano foron moitas. Parabéns! Sen vós non poderiamos facelo. Tamén queremos destacar ás que se acercaron a cantar o domingo, que fixo que o noso coro fose o máis numeroso. GRACIÑAS!!



page | by Dr. Radut