Skip to Content

Responder ó comentario

8M. Día da Muller

Hoxe descubrimos que son moitas as científicas nos equipos de investigación, pero van perdéndose como goteiras nunha tubaxe se miramos máis arriba nos postos de dirección debido ao teito de cristal e ao chan pegañento. 
 
Tamén soubemos da man de María de la Fuente Freire, directora do grupo de nano-oncoloxía do IDIS, que en Galicia aprobouse unha lei para que as científicas non sexan penalizadas por ser nais. A Lei Ángeles Alvariño foi promovida por ela mesma despois de ser penalizada por ser nai.
 
María explicounos que están investigando para que teñamos medicinas personalizadas e tamén que os nanomedicamentos teñen o diámetro dun cabelo e levan a menciña xusto a onde fai falta.
 
Despois visitounos Teresa Brianes, empresaria e directora da área de Comunicación e Marketing de Dos Espacios, para falarnos de tecnoloxía, e explicounos que hai moitas menos mulleres en tecnoloxía, sendo maioría na Universidade.
 
Teresa explicounos que na súa empresa máis da metade do equipo está formado por mulleres, aínda que non é o habitual. Contounos que ademais de páxinas web, traballan coa Realidade Aumentada, entre outras cousas, para que poidamos ver un museo ou un lugar, se non podemos facelo físicamente. Para conseguilo, na empresa, aínda que é de tecnoloxía, tamén traballan persoas que estudaron historia, publicidade, deseño gráfico, sistemas, programación...
 
As dúas animaron, tanto a nenas coma nenos, a fixarse moi ben en todos os traballos que hai para que poidan escoller o que máis lles gusta, independentemente do seu xénero.
 
Moitas grazas ás dúas por colaborar connosco!
 

 

Responder



by Dr. Radut