Skip to Content

Complementarias

Festival fin de curso

Este ano decidimos facer o festival de fin de curso no centro cultural da parroquia, pois o noso "auditorio" queda sempre pequeno.

Pensamos que foi unha boa decisión e que as actuacións do alumnado luciron moito máis neste escenario.

Mil grazas á asociación cultural O Souto porque todo foron facilidades para poder utilizar este espazo. 

No seguinte vídeo podedes ver algunhas fotos das actuacións.

Bo verán a todos e vémonos en setembro!!

Festa do Deporte 2018

Este ano para celebrar a Festa do Deporte recibimos a visita de "Os Ingleses" Club de Rugby da nosa cidade.

Primeiro aprendemos un pouco de teoría e despois saímos á pista, porque facendo é como mellor se aprende.

Grazas aos Ingleses pola visita e polo agasallo de clases gratis para os premiados por consumir froita.

Un pracer recibirvos no cole!

Visita Antón Paz

Non todos os días visita o cole un campión olímpico, por iso estabamos ansiosos por saber o que nos ía contar.

Antón, falounos dos seus comezos, das súas aventuras no mundo da vela e dos seus plans de futuro. Ademáis animounos a probar este deporte nun marco espectacular como é a nosa ría e que, grazas á Escola Municipal de Vela, resulta moi doado e económico. 

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Co gallo do Día Internacional da Muller visitounos Dona Maria del Carmen Roca, primeira muller en España en ser Xefa da Policía Local. 

Contounos un montón de cousas moi interesantes sobre o seu traballo e tamén dos inicios da muller na Policía e da loita que levaron a cabo para defender os seus dereitos.

Moitas grazas pola visita!

 

Entroido 2018

Neste Entroido viaxamos no tempo con Sabela e o cole enchéuse de trogloditas, exipcios, gladiadores, centurións, vikingos, damas, cabaleiros, guerreiros, reis, raíñas, indios, cortesanas, mesoneiras, piratas, cardenais, nobles, meninas e ata o mesmísimo Napoleón!!

Coma sempre pásamolo moi ben e enchemos as barrigolas cos doces de Entroido que as familias aportaron. Grazas pola colaboración!

 

As coplas deste ano estiveron cargadas de enxeño e orixinalidade.

Día Escolar pola Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro celébrase o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia"

Como sempre, no cole, non desaproveitamos a ocasión para bailar e cantar, que tanto nos gusta!!!

Este ano bailamos a "Danza da Esperanza" de Mamá Cabra, que nos ensinou o profe Antonio.

Quedounos moi chula!!

Tamén fixemos un mural coas nosas mans cheas de desexos de Paz porque "a Paz está nas nosas mans" e se queremos  cambiar o mundo e facelo un lugar mellor onde vivir temos que poñer todo das nosas mans!!

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut