Skip to Content

Actividades

Magosto 2016

O venres celebramos a tradicional festa do Magosto!

Que ricas estaban as castañas que Julio nos asou co seu novo trebello! Graciñas Julio!

Despois pasámolo en grande coas "Ondas de Xogos". Divertidos xogos ambientados no mar, no Mar de Sabela claro está.

Os maiores do cole fixeron de perfectos capitáns e guiáronnos aos demais nos diferentes xogos. O marisqueo, a pesca con cana e con redes, a pesca de "arrastre" e as nasas non faltaron neste día festivo, achegándonos a estes aparellos que imos coñecer. En fin, que entre castaña e castaña convertémonos por un rato en autenticos "lobos de mar".

 

Guardar

Guardar

Samaín 2016

Como cada ano o cole encheuse de cabazas para conmemorar o Samaín.

Incrible o enxeño que teñen as familias para deseñar cabazas terroríficas dentro do PDI: O mar de Sabela

Moitas grazas a todas as familias pola implicación con que participades en todos os proxectos do cole.

Despois de pasar polo túnel do terror, onde máis de un/unha a pesares de facerse o valente levou máis dun susto, escoitamos historias arrepiantes, lemos os nosos propios relatos de terror e saboreamos unha apócema noxenta.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Exposición etnográfica

Para achegarnos un pouquiño máis ao bosque e coñecer os usos que se pode facer del, organizamos unha exposición etnográfica, na que as familias e a Asociación Micolóxica Cantarela fixeron aportacións moi interesantes.

Grazas a eles coñecemos ferramentas e utensilios que se empregan no bosque ou no aproveitamento dos seus produtos, aprendemos os seus nomes e para que serven.

Moitas grazas a todos!

Letras Galegas 2016

Para conmemorar as Letras Galegas 2016 dedicadas a Manuel María tivemos unha representación de títeres de "Os soños na gaiola" a cargo da compañía AlaKRAN.

Gustounos moito e gozamos un montón con Alicia, o Río Miño, a Lúa e o seu namorado o Sol, os labregos, o barquiño e ata o lobo. Mesmo Manuel María en persoa se achegou a nós para contarnos cousas moi interesantes.

Despois recibimos libros de Manuel María que grazas á ANPA formarán parte das bibliotecas de aula. Graciñas!

Por último, o alumnado de 5º representou o traballo que vai a realizar na actividade "Cantando a Manuel María" o vindeiro mércores, onde os colexios de Vilagarcía recitarán obras do autor homenaxeado este ano na Plaza de España.

Nós, amosaremos un fermoso libro que fixemos entre todas as aulas no que salientamos as datas máis significativas na vida de Manuel María e as efemérides que ocorreron nesa data no mundo.

Día Mundial dos Bosques Autóctonos e Chef de Rubiáns

O 23 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Bosques Autóctonos e con tal motivo no cole propuxemos varias actividades.

 

A primeira "O Chef de Rubiáns". As familias elaboraron uns postres deliciosos realizados con froitos de Outono e degustámolas na hora do recreo... Mmmmmm, que cousas tan ricas!!!

Tamén mandaron as receitas coas que faremos un recetario para aprender a facer estes doces tan sabrosos.

Graciñas a todas as familias pola súa colaboración.

 

Despois os nenos de primaria, e grazas ás explicacións da profe Conchi aprendemos que é un bosque autóctono. Coñecemos algúns dos animais, árbores e outros seres vivos que viven nos bosques galegos. Tamén aprendemos como o Eucalipto alterou e destrozou moitos dos nosos bosques autóctonos.

Escoitamos esta canción de Migallas para que nos quedara máis clariño.

E por último, algúns nenos recitamos poesías relacionadas cos bosques

Exposición de cabazas Samaín

Como cada ano o cole encheuse de cabazas: unhas terroríficas e outras moi orixinais. Este ano parece que están de moda as cabazas reais a xulgar polas moitas coroas que por alí se viron.

Moitas grazas a todas as familias pola implicación con que participades en todos os proxectos do cole.

Feliz Samaín!

Vémonos o martes!

A ÁRBORE DA LINGUA

Ola amig@s!

Como sabedes, na entrada do colexio a nosa mascota Sabela ten colocado un taboeiro onde nos ensina novos conceptos e contidos en galego, neste caso, sobre os oficios do mar, as partes do peixe, os tipos de pesca,etc.

Cada mes irá poñendo cousiñas novas do noso interese.

Esperamos que sexa útil!

Distribuir contido


by Dr. Radut