Skip to Content

Blogues

OS PAIS COLABORAN NO HORTO

xa temos navicoles na nosa parcela grazas a Luz a nai  de Noemi!!! a próxima semana traeranos coles asi que precisamos de voluntarios para prantar.

O claustro de profesores e o equipo directivo queren expresar o seu agradecemento a todos os pais de infantil que colaboraron esta semana coa posta en funcionamento do horto escolar.

Guardar

SAÍMOS O BOSQUE DO COLE

O venres saímos ao bosque a recoller  follas e cocos para o debuxo do concurso do cogumelo .Qué ben o pasamos!!!!!!

Guardar

TALLER DE SEGURIDADE VIAL

O pasado mes de setembro os alumnos de 5º e 6º participaron nun taller de seguridade vial no que, despois de recibir unha charla teórico-práctica sobre primeiros auxilios, tiveron que cumprir as normas de tráfico montados nunha bicicleta.

Os prehistóricos de Rubiáns (aula de 5 anos)

Na clase de 5 anos crearon un libro no que viaxaron á prehistoria. Alí viviron mil aventuras: atoparon un mamut, o lume, petroglifos, cazaron, pescaron...
Distribuir contido


by Dr. Radut