Skip to Content

Actividades

Actividades de Igualdade realizadas no cole

A igualdade non ten truco!

A igualdade é un dos piares nos que se basa o traballo diario no noso cole. Sempre nos esforzamos por demostrar que todos, independentemente do xénero, podemos facer o que desexemos. Ben sexa no deporte que practicamos, nos xogos aos que xogamos ou nas profesións que elixiremos nun futuro...

No mes de marzo facemos especial fincapé e dedicamoslle varias actividades á visibilización das mulleres.

Nesta ocasión, foi un espectáculo de maxia. Tradicionalmente as mulleres neste tipo de espectáculos desenvolvían o rol de axudantes, pero hoxe comprobamos que tamén as mulleres poden facer máxia!

Ademais de falarnos de igualdade fixeron uns trucos incribles!

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Canal Rías Baixas | Un espectáculo de maxia conciencia sobre a igualdade de Xénero no CEIP P de Rubiáns

Faro de Vigo | Los niños de Rubiáns trabajan la igualdad a través de la magia

La Voz de Galicia | Maxia pola igualdade

Muller e nena na ciencia

Un ano máis para conmemoramos o 11 de febreiro, día Internacional da muller e a nena na ciencia.

Nesta ocasión, relacionado co noso PDI, "Sabela cámara e acción" realizamos unha actividade que mestura ciencia e cine.

Buscamos películas que tiveran como protagonistas a científicas, tanto reais como de ficción. Imprimimos os carteis das películas e escribimos un pouco de información de cada unha. Ademais todos os carteis teñen un código QR co que podemos ver o trailer da película (ou un anaquiño onde sae a nosa protagonista)

No están todas as que son pero son todas as que están ;-)

Videoclip "Concepción Arenal"

Os que nos seguides xa sabedes canto nos gusta facer versións de cancións e gravar "videoclips". Tamén sabedes que un dos alicerces do noso cole é a IGUALDADE (3 dos nosos proxectos foron premiados no concurso de Boas Prácticas na Escola "Igualdá" do Concello de Vilagarcía e 1 mereceu o Premio Nacional do Ministerio de Educación).

Nesta ocasión, o alumnado de infantil (5 anos) mesturou a igualdade co proxecto deste curso "Sabela coñece Galicia" e traduciu e versionou a canción sobre Concepción Arenal de "Los Lunis de Leyenda".

Tres alumnas de 6º puxeron as súas voces e o alumnado de 5 anos interprétaa con moita credibilidade, non vos parece?

Memoria igualdade 2018-2019

Memoria das actividades de Igualdade realizadas este curso

 


 

Día Internacional da Muller

Como cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller (esta vez cun día de adianto) cunha interesante charla.

Nesta ocasión tivemos o pracer de contar con 3 fantásticas mulleres.

Covadonga Salgado, directora do INTECMAR de Vilaxoán (que conta cun equipo de traballo formado maioritariamente formado por mulleres) explicóunos un montón de cousas interesantes sobre o mar, os residuos, os mexilóns... fíxonos recordar unha chea de cousas que aprenderamos cando coñecimos o mar da man de Sabela. 

Sara Gómez, xogadora internacional de baloncesto do CLB Vilagarcía. Que nos amosou as grandes diferenzas que hai entre o deporte feminino e o masculino.

María De La Barrera, bombeira de protección civil que nos explicou que a pesares de ser a única traballadora muller do parque, non hai diferenzas cos seus compañeiros á hora de levar a cabo o seu traballo (salvo por cuestións meramente físicas).

Foi unha charla moi agradable na que aprendemos un montón e fixemos unha morea de preguntas.

Este acto serviu para "estrear" a nosa "Wall of Fame" unha parede chea de mulleres loitadoras, valentes, famosas, anónimas, aventureiras, intelixentes, deportistas, traballadoras, nais, pioneiras.... e que nos servirá para aprender moito máis sobre todas esas mulleres esquecidas pola historia.

Mil grazas ás nosas invitadas pola súa visita, esperamos que pasarades un rato tan agradable coma nós.

Muller e nena na ciencia 2019

Este curso para conmemorar o "Día da Muller e Nena na Ciencia" basándonos no proxecto Oceánicas fixemos o noso propio mural sobre Pioneiras no campo da Oceanografía.

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Co gallo do Día Internacional da Muller visitounos Dona Maria del Carmen Roca, primeira muller en España en ser Xefa da Policía Local. 

Contounos un montón de cousas moi interesantes sobre o seu traballo e tamén dos inicios da muller na Policía e da loita que levaron a cabo para defender os seus dereitos.

Moitas grazas pola visita!

 

Día Internacional Muller e Nena na Ciencia

O 11 de febreiro, co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no cole fixemos un pequeno vídeo para concienciar de que as nenas podemos dedicarnos a calquera cousa que nos propoñamos.

Podes coñecer mulleres científicas e máis datos desta iniciativa nos seguintes enlaces:

Un mar de mulleres!

Un mar de mulleres:

 

A muller e o mar:


 
Distribuir contido


by Dr. Radut