Skip to Content

Actividades

Pra a Habana

No Día de Rosalía quixemos lembrar a todos aqueles emigrantes que tiveron que deixar o seu fogar e a aquelas mulleres que quedaron soas coidando os fillos, a casa e a horta, as viuvas de vivos, recitando un fragmento de "Pra a Habana", de Follas Novas.

Día de Rosalía 2021

Rosalía, a nosa, non só é un referente da literatura galega e universal senón que tamén é referente como muller loitadora e defensora da independecia, a liberdade e igualdade das mulleres, ademais de gran defensora da lingua galega.
 
Nos seus poemas denunciaba tamén inxustizas como o clasismo e exclusións, principalmente das mulleres.
 
Estos son algúns dos traballos que se fixeron no cole para conmemorar esta data.
 

Letras Galegas 2020

Este ano non podemos conmemorar como se merecen as nosas Letras.

Deixamos aquí actividades realizadas polo EDLG e Equipo de Biblioteca do cole para que poidades facelas na casa.

Vídeo conto "As pitas baixo a choiva"

 

Actividades da BIBLIOTECA

 

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

O chef de Rubiáns 2020

Un ano máis, xa se está convertindo en tradición, celebramos unha nova edición dunha das actividades que máis nos gusta, O Chef de Rubiáns.

O alumnado de 6º traballamos co noso chef particular, Richard Santamaría da Malquerida. Aprendeunos un montón de cousas moi interesantes. Probamos a cortar verduras en xuliana, e aínda que no cole sempre nos inculcan a importancia de comer sano, Richard incidiu nos beneficios que aportan os vexetais ao noso organismo. Elaboramos un Ratatouille que a case todos nos resultou delicioso.

Despois, chegou o momento de compartir todas as delicias que achegaron as familias. Menudas cousas máis ricas, había de todo!!

Agradecer a Richard a súa presenza no cole un ano máis e ás familias a súa involucración en todas as actividades que facemos.

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

La Voz de Galicia - Fotos

Monicreques 6º

Este ano fixemos uns monicreques terroríficos, queredes velos?

Monicreques Samaín

Este ano polo Samaín cambiamos as cabazas por monicreques!

E como o proxecto deste curso é Sabela, cámara acción! non podiamos facer outra cousa que un Samaín de cine..... de terror, claro.

Así que o cole encheuse de Freddy Krueger, Maléfica, Chucky, Jack Skeleton, Joker, Frankenstein, A noiva cadáver, bruxas, vampiros, momias, pantasmas e demais personaxes do xénero cinematográfico máis terrorífico.

Coma sempre temos que agradecer a colaboración das familias que derrocharon unha imaxinación e unha creatividade incrible.

Distribuir contido


by Dr. Radut