Skip to Content

Complementarias

Día da Paz

Non debería ser preciso celebrar o Día da Paz, pero mentres haxa inxustizas no mundo cómpre adicarlle este día para que reflexionemos no que podemos facer cada un de nós para facer deste un mundo mellor.

Este ano achegámonos a este día dende a arte. Un mural realizado por todo o alumnado e inspirado na obra de Keith Haring preside a entrada do colexio. Dentro, móbiles cos símbolos da paz, interpretacións de Haring, ou o mesmo Guernica, completan unha xornada na que falamos da importancia de facer sentir ben aos demais, o Apartheid, o rexeitamento aos demais...

 

Premios!

Xa sabedes que nos encanta facer cousas. Para "motivar" a participación nalgunha das actividades dotámolas con grandes premios ;-)

Hoxe foi o día de entregar os premios a quen máis froita come, aos gañadores e gañadoras do concurso de postais organizado pola ANPA e aos participantes no certame de reciclaxe en familia.

Esperamos que vos gustaran os agasallos!

 

Visita do pintor José Luis Vázquez Meijide

O venres o pintor vilagarcián José Luis Vázquez Meijide, MEI, visitou o noso centro para darlle a coñecer ao alumnado de 4º, 5º e 6º a súa obra e o camiño que tivo que percorrer ata atopar o seu propio estilo.

Explicoulles o importante que é non renderse e facer o que che gusta aínda que non saibas facelo ben, pois el malia non saber debuxar chegou a ter as súas propias exposicións individuais e expoñer  a súa obra en lugares tan importantes coma a Sala Gaudí en Madrid, Estocolmo ou Alemaña.

Foi un gran descubremento e unha charla moi amena.

Á volta do Nadal será o turno dos compañeiros de primaria.

 

 

Títeres polo Nadal!

Un ano máis celebramos o Nadal con títeres. Da man da compañía Tarabelos puidemos pasar unha mañá do máis entretida coa obra "Sabela e o paxaro máxico", que o artista adicou á nosa Sabela.

Nesta ocasión Sabela tivo que enfrontarse aos seus medos e ser quen de superar numerosas probas que lle fixeron ver que pode conseguir todo o que se propoña.

Polo San Martiño trompos ao camiño

Como nos gusta a festa! Un ano máis celebramos o Magosto no día de San Martiño, pero desta volta cunha novidade. Veu un castañeiro co seu tren para asar as castañas. En grupos, separados por aulas, puidemos saborear este manxar tan importante para a nosa terra.

Despois de encher ben o bandullo, xogamos a moitos xogos tradicionais, aínda que tamén tivemos que facelo en zonas diferenciadas. Non faltaron a buxaina, o pano, a comba ou as chapas... foi unha xornada na que todos o pasamos moi ben cos xogos de antes que, como di o noso lema deste ano, tamén son para nenos e nenas de agora. E non faltou a música, desta volta a ritmo de rap. Que divertido foi!

O rap do magosto - Paco Moreiras

Libro con Rodas

Dentro da programación de "Vilagarcía, Cidade de Libro" organizada polo Concello, esta mañá tivemos a sorte de contar coa actividade Libro con Rodas.

Ata o noso cole acercouse unha furgoneta-biblioteca cargada de actividades para o fomento da lectura.

O noso veciño, o  actor  Josito Porto deleitounos cunha representación de  "Contos no Camiño"

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

21-06-21 - Canal Rías Baixas - "Un libro con rodas percorre os colexios de Vilagarcía"

Distribuir contido


by Dr. Radut